SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2017 | Actualizada ás 08:07 por EUROPA PRESS
A banda Chelsea Boots chega este xoves 23 de febreiro a Santiago de Compostela para presentar o seu novo álbum 'Natalie' na sala Sonar da capital galega.
Integrada por músicos galegos e madrileños, este grupo acaba de asinar coa multinacional discográfica Universal, coa que acaban de lanzar o seu novo traballo.
Tras iniciar a xira de presentación en Barcelona e Valencia, Chelsea Boots aterra en Santiago, onde ofrecerán un concerto na sala Sonar o vindeiro xoves.
Chelsea Boots, formada por Santi Isla --voz e guitarra--, Martín Mosquera --batería--, Dani Ferrandis --guitarra e coros-- e Dani Núñez --baixo--; comezou a súa traxectoria no outono 2014 e a súa música mestura os sons da música 'british' con influencias "negras".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.