Leiceaga cre que quen ten que explicar a incorporación de Martínez ao goberno da Deputación é "o presidente"

O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, considerou que "quen ten que dar unha explicación" sobre a incorporación do alcalde de Becerreá e deputado provincial, Manuel Martínez, ao goberno da Deputación é "o presidente", Darío Campos.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2017 | Actualizada ás 14:29 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, considerou que "quen ten que dar unha explicación" sobre a incorporación do alcalde de Becerreá e deputado provincial, Manuel Martínez, ao goberno da Deputación é "o presidente", Darío Campos.

Leiceaga respondeu deste xeito ao ser preguntado polos xornalistas polo regreso de Martínez ao goberno provincial como vicepresidente da institución que transcendeu na xornada do xoves.

O xoves deuse a coñecer o nomeamento de Martínez como vicepresidente provincial, ademais de incorporarse á xunta de goberno e asumir a delegación de Vías e Obras e o parque provincial.

Deste xeito, aceptaríanse as condicións que impuxo no seu momento Martínez, cando subscribiu a moción de censura que desaloxou do goberno provincial á popular Elena Candia en outubro de 2015.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta