Temas: ENTROIDO FUXIDAS

Manzaneda presume de 'mázcaras' e fulións

Os intercambios de fulións entre as parroquias do concello e as mázcaras caracterizan este tradicional entroido, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia.

Por GC Tendencias | Manzaneda | 24/02/2017 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

En Manzaneda estes días xira todo en torno aos fulións, unhas "delegacións músico entroideiras" que se envían reciprocamente dunha parroquia a outra como orixinal tradición de afirmación da identidade e socialización. Bombos, cornas, sachos, gadañas, aixadas e outras ferramentas metálicas do agro retumban e resoan incesantemente a un ritmo frenético O seu ritmo compasado e ininterrompido unidos á elegancia e colorido das “mázcaras”, personaxes tradicionais e característicos da zona, danlle unha vistosidade excepcional. A mázcara caracterízase por levar un pucho moi rechamante engarzado con guirnaldas de diferentes cores, unha pequena capa sobre vestimenta polo xeral branca, cinto de chocas pequenas na cintura e un caxato de madeira na man. Antes levaban carauta pero agora por comodidade estase deixando atrás esta tradición e resulta difícil atopalas. Teñen por costume danzar ao son do fulión xirando en torno a si mesmas cos brazos abertos e o caxato en posición vertical. 

Mázcara
Mázcara

Outro dos cometidos da mázcara é guiar ao fulión, o grupo de xente que “armados” con sachos, aixadas, bombos, cornas... vai animando os días de entroido de aldea en aldea. A “Fuliada” é a festa que montan despois.

O gran desfile de “fulións” ten lugar pola vila de Manzaneda o día 28, Martes de Entroido, que é festa local, cando se xuntan na vila os fulións de todas as parroquias formando un impresionante estrondo. Ao rematar faise un xantar popular a base de chourizos, empanada, carne ao caldeiro, viño e bica. Todos os produtos son autóctonos.

Programación ata o Martes de Entroido:

Día 25.- Cea da Lardeira. Organiza a Asociación de mulleres Algueirada e Fulións:

Mázcaras en Viana
Mázcaras en Viana

18.00 h. Visita do “Fulión” de Borruga/Cubeiros a Langullo.

21.00 h. Visita do “Fulión” de Bidueira a Requeixo

23.00 h. Visita do “Fulión” de Vilar a Reigada.

A partir da 1.00 h. OS CARUNCHOS. Actuación e presentación do disco “Cantares”. Local Social A Rebusca.

Día 26.- Domingo Gordo. “Fuliada”en San Martiño a partir das 15.00 h.

Día 28.- Martes de Entroido.

11.30 h. Desfile de “fulións” pola Vila de Manzaneda.

14.00 h. Xantar popular. 10 € (menores de 6 anos non pagan).

Mázcaras e Fulión de Mourela para Acá
Mázcaras e Fulión de Mourela para Acá | Fonte: Fonte: Clemente Pérez Fulión da Mourela para Acá Fulión da Mourela para Acá
Temas: ENTROIDO FUXIDAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta