Os neofalantes, un xeito de preservar e defender o galego

O Parlamento galego aproba unha iniciativa para poñer en marcha accións orientadas a apoiar ás persoas que, aínda que sendo educadas en castelán, adoptaron o galego como lingua habitual.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/02/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Os neofalantes poden ser o futuro do galego. Aínda non o son pero, se o galego vai desaparecendo do seu ámbito de uso habitual, a única esperanza para preservar e conservar unha lingua está neses falantes que aínda que non teñen o galego como lingua materna, comezaron a usala, fomentala e defendela como símbolo de identidade da súa cultura.

O usuario de Twitter Snob Megalove amosa un cartaz defendendo o neofalantismo nunha campaña realizada polo Portal Galego da Língua
O usuario de Twitter Snob Megalove amosa un cartaz defendendo o neofalantismo nunha campaña realizada polo Portal Galego da Língua | Fonte: @Snob

E a este fenómeno non son alleos os grupos parlamentarios. Este venres era aprobada, cos votos a favor do PP e PSOE e a abstención de En Marea e BNG, unha iniciativa a través da que os populares pedían a posta en marcha, por parte do Goberno galego, de accións orientadas a promover o uso do galego e apoiar que os neofalantes adopten este idioma para comunicarse.

Deste xeito, o Parlamento instou á Xunta a "pór en marcha accións orientadas a mostrar as vantaxes de falar en galego, apoiar aos neofalantes novos que están a pensar ou xa teñen decidido adoptar o galego como lingua de comunicación".

En paralelo, a Cámara sinalou que estas "accións deberán axudar a combater os posibles estereotipos e prexuízos que poidan existir ao redor da intencionalidade ou competencia lingüística de quen empeza a utilizar o idioma propio de Galicia, sen ser esta a súa lingua inicial".

“Dinamizadores” do galego

A iniciativa, defendida polo popular César Fernández Gil, destaca a importancia da incorporación de “neofalantes” ao galego porque “resulta sempre un elemento dinamizador da lingua”.  No eido da sociolingüística enténdese por “neofalantes” o conxunto de persoas que se converten en usuarias habituais e, con frecuencia exclusivas, dunha lingua que non foi a súa lingua materna ou familiar.

“A incentivación e protección deste achegamento á lingua galega, debe ser sempre un elemento de gran valor para conseguir unha maior difusión, en todos os ámbitos da sociedade, do uso da lingua galega”, destacou Fernández Gil na defensa da súa iniciativa.

O deputado popular destacou a necesidade de “poñer en valor” o esforzo que realizan os “neofalantes” e darlles visibilidade como un exemplo na difusión do uso do galego e como un estímulo no camiño da normalización e da incorporación de novos falantes de galego.

De feito, lembrou que, en moitas ocasións, o esforzo realizado polos neofalantes non é suficientemente valorado e a proliferación de “neofalantes” provoca tensións nos planos formal e funcional da lingua, “o que require un especial coidado e unha atención pormenorizada dende o ámbito das políticas públicas”.

Por iso, o Grupo Parlamentario Popular sinalou que considera “moi positiva” a posta en valor da figura dos “neofalantes” como vehículo de dinamización do uso da lingua galega. De feito a Rede de Dinamización Lingüística da Xunta (RDL) xa incide na dinamización do uso do galego na mocidade, con especial atención aos neofalantes, nas tecnoloxías da información e do coñecemento (TIC) e mais na promoción do uso da lingua propia de Galicia no marco da lusofonía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

6 Españolistas dades noxo

Cambiar ao castelán cando todas as leis e preconceitos creados polo estado te obrigan a facelo é o pragmático. Cambiar a galego desde o castelán faise por interés. Estas son frases que denotan parvice suma, coma "dictadura de lo políticamente correcto".

5 Miguel B

A supervivencia da língua depende claramente do compromiso cidadán e consciente dos seus usuarios, quer neo, quer paleofalantes. Os oportunistas non lle conveñen nin a ningunha lingua nin a ningunha sociedade. A lingua galega esmorece por un motivo ben sinxelo: a falta de valores éticos e nula cohesión da sociedade galega.

1 la imposición del gallego

A lingua galega esmorece por un motivo ben sinxelo: é discriminada legal e socialmente desde fai varios centos de anos. Ignorar este feito corrompe calquer análise sobre a lingua.

4 Orgulloso neofalante

Unha vergoña ler algúns comentarios aquí. E xa non falo dos bífidos ou os españoleiros, falo dos que van de puros, e son máis zipaios que os bífidos. Hoxe por hoxe quen conserva e defende o noso idioma é unha lexión de neofalantes sen os que sería imposible entender a situación actual do idioma. Xente á que nos educaron en español cando os nosos pais eran de aldea e que volvemos a acariñar o idioma para non deixalo endexamais. E somos nós os que tentamos que os nosos fillos non teñan que pasar o que nós pasamos. E, ollo, que coñezo a unha chea de xente no BNG e nas mareas que son neofalantes, e moi orgullosos de selo.

3 a sachar patacas

Coñezo neofalantes e neofalantas dos que nos chamaban catetos e aldeanos no instituto. Que agora como teñen unha carreira política-reivindicativa que queren d€$€nvolv€r, pasáronse a ese Frankenstein de lingua que é a traducción palabra por palabra do castelán ó galego. As expresión e as construccións sintácticas propias que lles dean. Que noxo da oilos.

1 Balbino

Noxo darache a ti, a miña lingua nai é o galego aínda que os mestres ná escola e a sociedade en xeral encargáronse de arrincala do meu día a día, sinto grande admiración por quén por motivos de concienciación muda a sua lingua habitual, para min de quitarse o sombreiro polos neofalantes

2 un de paso

Mira, home, eu son neofalante e nin insultei nunca a ninguén, nin fago carreira política, nin reivindico nada. Recoñezo que hoxe o meu galego é só un pouco mellor que hai uns anos, pero faise o que se pode. Non che parece que con tanto noxo aos neofalantes estás a aplicar os prexuízos que criticabas da túa época de instituto?

3 nostrus

E curioso que existe algun ex-castelanfalante que renega da sua lingua propia e abraza ao galego como lingua postiza e dedicase a dar leccions de galeguidade aos que sempre falamos galego pero respetamos o que fagan os demais. Todo por culpa do adoutrinamento que reciben do nacionalismo que só sabe odiar. Galicia é un territorio bilingüe, diverso e respetuoso (agás o nacionalismo de ultratumba). Viva Galicia tal como é, incluso co nacionalismo que só sabe estorbar.

4 teutonio

É curioso que algúns defendan a liberdade de escolla e demáis pamplinas e que pola contra critiquen esta cando non lles convén. Vexamos nostrus, se alguén muda ao galego como lingua de uso preferente no seu día a día renega da lingua materna?, ten ao galego como lingua postiza?, de verdade algún destes che veu dar leccións?, criticas e censuras o mesmo comportamento con dirección inversa?. Até pra falar disto expresas o típico pailanismo cheo de prexuízos (castelán->galego, lingua postiza-renegar/galego->castelán, liberdade lingüística e libre escolla).

5 nostrus

teutonio, pues claro que yo defiendo que cada uno hable lo que quiera, como mejor se exprese y sois vosotros, los nacionalistas empedernidos los que defendeis la sola existencia del gallego. Eres tu quien se queja de que muchos gallegohablantes a veces se pasan al castellano, en cambio a mi me la trae al pairo la lengua que escoja cada uno para comunicarse. Os apoderais del concepto de lengua materna solo para el gallego y os olvidais de que muchos gallegos tienen como lengua materna el castellano, tambien lengua de Galicia por mucho que pataleeis. Vuestra causa esta perdida porque solo pretendeis uma Galicia encorsetada.

6 un de paso

A ver, nostrus, que empezase a falar en galego de maneira habitual non quere dicir que renegase do castelán, que tamén o falo cando o considero. Nunca pretendín dar leccións a ninguén, pero tampouco me gusta que mas queiran dar a min. E considerar o meu uso do galego como algo relacionado co nacionalismo é moito considerar. O meu cambio debeuse máis ben á apreciación de que o galego se estaba a perder e que non estaba mal contribuír a preservalo, sen máis. Da miña experiencia como galegofalante só podo dicir cousas boas ; )

7 teutonio

Nostrus, o teu non é entender o que les, non me queixo que galegofalantes muden de lingua, mais de que o fagan por prexuízos propios ou da sociedade (que van pensar de min?, non vaia ser que me vexan como un pailán, un estraño, voulle falar castelán...), que teñan unha distribución diglósica das linguas que domina. Cando unha persoa muda de lingua porque lle da vergonza que outros o escoiten falar un idioma, porque ten medo de que o marquen negativamente ou porque pensa que o correcto é mudar de idioma conforme a situación, esa persoa non escolle en liberdade, faino condicionada por eses preconceitos. Iso non lles pasa aos neofalantes, que teñen que sufrir eses e outros prexuízos (aquí por exemplo, pijos, ultranacionalistas, renegados) e empregar no seu día a día unha lingua minorizada a cal moitas veces crea máis problemas que beneficios, deciden por vontade propia empregar o galego como a súa lingua habitual.

2 Amancio

Continuamos nas mesmas teimas de sempre e nos mesmos erros. O futuro do galego está na atitude mais militante dos galegofalantes. O resto complementos.