Letrados do Consello Consultivo ven "insustentable" a permanencia do seu presidente á fronte do órgano

A Asociación de Letrados do Consello Consultivo consideraron "insustentable" a permanencia do presidente do órgano, José Luís Costa Pillado, no cargo ante a súa investigación no marco da suposta trama de branqueo e tráfico de influencias coñecida como 'Operación Cóndor'.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/02/2017 | Actualizada ás 19:13 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Asociación de Letrados do Consello Consultivo consideraron "insustentable" a permanencia do presidente do órgano, José Luís Costa Pillado, no cargo ante a súa investigación no marco da suposta trama de branqueo e tráfico de influencias coñecida como 'Operación Cóndor'.

A asociación pronunciouse deste xeito nun comunicado despois de que esta semana o Consello Consultivo de Galicia asegurase que os seus traballadores "están a cobrar de forma irregular desde hai anos un complemento de produtividade" para dar resposta ás críticas ao seu presidente, ao que traballadores acusaban de alterar "irregularmente" as condicións laborais do persoal por pretender suspender o abono deste complemento.

Deste xeito, despois de que o Consello Consultivo explicase que a razón da suspensión foi o descubrimento a finais de 2015 que o complemento se abonaba sen que houbese criterios obxectivos establecidos, como marca a lei, os letrados replicaron que "as retribucións dos funcionarios públicos" que prestan servizo neste órgano "están perfectamente reguladas na Lei e son públicas".

Neste sentido, lembran o pago da produtividade foi aprobado en 1997, exercicio desde o que "foi pagado de forma pacífica e ininterrompida". Con todo, sinalaron que en setembro de 2015 este complemento foi suspendido "á marxe de toda legalidade", como considerou o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela. "A procedencia do pago deste complemento a todos os funcionarios do Consello Consultivo ratifícase no auto deste xulgado do 23 de febreiro de 2017", apuntaron.

Ademais, lembraron que o actual presidente do Consello Consultivo, José Luís Costa Pillado, é membro deste órgano desde 2008, "sen que ata setembro de 2015 fixese ningunha observación sobre o pago deste complemento". "Só en setembro de 2015, máis dun ano despois da súa toma de posesión como presidente, e no marco dun conflito laboral, promove a suspensión do seu pago con fundamento en datos que non son veraces, como a inexistencia do acordo que establece o pago do complemento", indicaron.

Por último, a Asociación de Letrados do Consello Consultivo criticou que "non ten precedente" en Galicia que "un órgano administrativo utilice os medios públicos para atacar aos seus funcionarios".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta