Golpe de autoridade do Leyma

O Básquet Coruña vence 86-89 na casa do CB Miraflores, un dos favoritos o ascenso, e suma xa 15 vitorias, a tan só dúas dos líderes. Zach Monaghan, con 19 puntos e tres triplas, decisivo no último cuarto. Marín caeu 83-77 na prórroga con Clavijo.

Por gcdeportes | A Coruña | 25/02/2017 | Actualizada ás 00:41

Comparte esta noticia

Ficha técnica
CB Miraflores Burgos 86:
Brandon Brine (8), Álex López (0), Javi Vega (29), Dang Akodo (6), Huskic (10) –cinco inicial- Steinarsson (5), Álex Barrera (10), Edu Martínez (11), Jorge García (2) e Toncinic (5).
Leyma Coruña 89: Joan Creus (2), Ángel Hernández (10), Filip Djuran (10), Zyle (11), Sergio Olmos (14) –cinco inicial- Javi Lucas (4), Zach Monaghan (19), Justin Johnson (9), Tautvydas Sabonis (2), Larry Abia (5) e Mikulic (3).
Parciais: 17-20, 23-23 (40-43), 24-26, 22-20 (86-89).
Árbitros: Alberto Sánchez Ardid e Adrián Iglesias Ambrosio. Sen eliminados.
Incidencias: partido da 25ª xornada da LEB Ouro no pavillón do Plantío de Burgos.

Zach Monaghan, decisivo con 19 puntos e tres triplas.
Zach Monaghan, decisivo con 19 puntos e tres triplas. | Fonte: @BasquetCoruna

Golpe de autoridade do Básquet Coruña na casa dun dos grandes favoritos ao ascenso. Tras dúas derrotas consecutivas, o Leyma venceu 86-89 en Burgos e sumou a 15ª vitoria na Liga, que lle serve para seguir na parte alta da táboa (na que perderon Gipuzkoa, Oviedo e Melilla), a tan só dous triunfos dos líderes. Decisivo foi Zach Monaghan cunha tripla de oito metros no último minuto con 84-84 no marcador. “Tivemos acerto, tivemos ritmo, e creo que gañamos de xeito merecido”, sentenciou Tito Díaz, que destacou, unha vez máis “o espíritu de equipo”.

Filip Djuran abriu o partido dende 6,75 e Coruña comezou por diante, pero dúas triplas de Javi Vega e Brine adiantaron a Burgos (12-11). Pero Leyma sumaba de tres en tres (triplas de Ángel Hernández e Justin Johnson e un 2+1 de Olmos) e acabou por diante o primeiro cuarto: 17-20.

Parcial de 0-5 para os galegos e Burgos parou o partido con 17-25. Pero a diferenza foise ata os 11 puntos e o técnico local volveu pedir tempo morto trala tripla do reaparecido Mikulic (24-35). Dúas triplas de Edu Martínez case consecutivas e foi Tito Díaz quen se viu obrigado a parar o partido (32-37). Ao Leyma costáballe anotar e Burgos apertou aínda máis o marcador para o tempo de lecer: 40-43.

Os locais puxéronse por diante (44-43), pero Coruña reaccionou da man de Zyle e Zach Monaghan, que sumou cinco puntos nun suspiro tras unha antideportiva de Álex López. Parcial de 2-12 e tempo dos casteláns con 46-55. Burgos tentaba achegarse de novo, pero Monaghan anotou dende case 9 metros (51-60). Foi Javi Vega, que terminaría con 29 puntos e 5/7 en triplas, quen apertou o marcador antes do último cuarto: 64-69.

Básquet Coruña entrou no asalto definitivo con dúbidas (dous minutos e medio sen anotar) e Burgos, tras dúas triplas e un parcial de 8-0, púxose por diante (72-69). Ende ben, reaccionou Zach Monaghan e o Leyma, e cun parcial de 0-9 devolveron a vantaxe aos galegos (72-78). Djuran anotou unha tripla (74-82), pero Burgos defendía con contactos e empatou o partido con dúas triplas de Álex Barrera e Edu Martínez (84-84). Tempo de Tito Díaz con 50 segundos, e Monaghan que se salta o guión para anotar dende máis alá dos oito metros (84-87). Javi Vega anotou dous tiros libres (86-87) e os árbitros se comeron unha falta sobre Monaghan, pero Álex López errou a tripla e Sergio Olmos puxo dende o tiro libre o 86-89 definitivo xa co tempo a cero.

Ficha técnica
CB Clavijo 83:
Enric Garrido (7), Galarreta (10), Pressley (12), Bonifant (9), Kupsas (17) –cinco inicial- Carles Bravo (8), André Norris (8), Birgander (9), Alberto Martín (2) e Adrián Laso (1).
Marín Peixe Galego 77: Jorge Romero (10), Andrés Miso (15), Tim Derksen (17), Javi Múgica (13), Jason Cain (9) –cinco inicial- Marc Bauzá (2), Gabe Rogers (4), Manu Ferreiro (0), Gregorio Adón (7) e Albert Homs (0).
Parciais: 21-16, 14-14 (35-30), 19-18, 13-19 (67-67), 16-10 (83-77).
Árbitros: Ángel de Lucas e Cristián García Rodríguez. Eliminaron por cinco faltas persoais a Birgander nos rioxanos e a Jason Cain e Tim Derksen nos marinenses.

Chegou a estar once abaixo (63-52) no último cuarto, pero remontou nos últimos minutos cun parcial contundente de 2-15 para poñerse 65-67. Tivo a vitoria o Peixe Galego nun último ataque con 23 segundos, pero non entrou (67-67) e na prórroga foi sempre a remolque tras dúas triplas iniciais de Garrido e Bonifant. E CB Clavijo, rival directo pola permanencia, acabou impoñéndose por 83-77. Marín Peixe Galego queda penúltimo, en postos de descenso, con 6 vitorias e ademáis da vitoria de Clavijo (que suma 8), Magia Huesca venceu 77-70 a Oviedo tamén na prórroga e suma 7 triunfos. Quedan nove xornadas, noves finais para a salvación do Peixe Galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta