Pablo Iglesias lembra a Rosalía de Castro en galego

Un tuit do líder de Podemos en Galego provoca reaccións de todo tipo, a maioría delas, felicitando o seu uso dun dos idiomas oficiais do Estado.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 26/02/2017 | Actualizada ás 10:20

Comparte esta noticia

"Hoxe fai 180 anos nacía a poeta galega Rosalía de Castro, loitadora a través da literatura". Con este tuit quixo o líder de Podemos, Pablo Iglesias, honrar á un dos símbolos culturais de Galicia no 180 aniversario do seu nacemento.

Iglesias ilustrou ademais o seu tuit cun poema da poetisa galega:

"Pero no creas que para aquí el mal,
pues una poetisa o escritora no
puede vivir humanamente en paz
sobre la tierra, puesto que, además
de las agitaciones de su espíritu,
tiene ls que levantan en torno de
ellas cuantos la rodean".


O seu posicionamento público nesta conmemoración e o uso do galego deu lugar a numerosos comentarios, moitos de deles, felicitandoo polo uso deste idioma cooficial no Estado. O seu tuit tivo máis de 1.400 "gústame" e case 750 retuits.

Entre os que lle contestaron está o partido independentista Causa Galiza que lle lembrou que "Da literatura, do feminismo, do compromisso politico ativo, etc. Umha figura inasimilável para o espanholismo" e tamén ilustrou o tuit cun poema de Cantares Galegos:

"Pobre Galiza, nao deves
chamar-te nunca espanhola,
que Espanha de ti se olvida
quando és tu, ai! tao formosa".

Tuit de Pablo Iglesias sobre Rosalía de Castro
Tuit de Pablo Iglesias sobre Rosalía de Castro

Contestacións a un tuit de Pablo Iglesias sobre Rosalía de Castro
Contestacións a un tuit de Pablo Iglesias sobre Rosalía de Castro
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Nefelibata

Os provincianos sempre se asombran das cousas da "capetal" e dos seus habitantes. Cada día máis grises e aburridos... Cada día máis desideoloxizados e presas fáciles, moi fáciles, da demagoxia máis simple que utiliza pequenos trucos para non revelar a súa incapacidade de loitar contra a precarización laboral por exemplo... Non, a Rosalía non lle gustariades, pero aínda moito menos os que debilitaron o soño que ela axudou a erguer... Eses si que non lle gustarían. Déixade a Rosalía en paz. Ela era altiva, digna, orgullosa e loitadora. Que sabedes vós diso? Vós pequenos conspiradores de terceira rexional de café, que sabedes da dor que expresou Rosalía. Pero si saben dela os precarizados, os humillados, os ideoloxizados que ousan mirar o destino aos ollos.

2 Nefelibata

E aquí onde se deixan os agradecementos ao amado líder pola súa liberalidade e magnanimidade? Sabedes se hai que facer unha xenuflexión virtual ou algo así? Fas uns versos... ¡ay que versos! Pois cal eles non vin outros, Todos empedregullados E de cotomelos todos, Parecen feitos adrede Para lerse á sopramocos. Roalía de Castro, Follas novas. Por certo, o texto que usou pertence a unha obra titulada "Las literatas. Carta a Eduarda" en prosa, non é un poema tal e coma escribides. Non vos ensinaron a documentarvos?

1 podreiros = expañol

FORA CAMUFLADOS E INFILTRADOS DA NOSA PATRIA... anda e vai para marte!!! iso foi algún deputado miserento de mareyas podreiras que demostraron ben demostrado que non sirven para nada ... XA BASTA DE PUTERIO FRANCISCANO!!! - idevos para vosa casa a resolver o que tedes que resolver que tedes todo feito un.ha M..... (CENSURA) - IDEVOS MARCIANOS - NON SOMOS TONTOS... REPITO NON SOMOS TONTOS - https://www.youtube.com/watch?v=bRb...