Dous feridos nun accidente de circulación en Burela (Lugo)

Dous homes resultaron feridos logo de que o vehículo no que viaxaban sufrise unha saída de vía na localidade lucense de Burela, segundo informou o CAE 112 Galicia.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2017 | Actualizada ás 13:29 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Dous homes resultaron feridos logo de que o vehículo no que viaxaban sufrise unha saída de vía na localidade lucense de Burela, segundo informou o CAE 112 Galicia.

O sinistro produciuse na avenida Nosa Señora do Carmen ao redor das 06,00 horas deste domingo. Os servizos sanitarios de Urxencias Médicas 061 trasladaron aos dous homes a un centro hospitalario.

Tras ser alertados por un particular, a central do 112 Galicia deu aviso a Urxencias Médicas, a Garda Civil de Tráfico e os Bombeiros de Barreiros. Ata o lugar tamén se achegaron membros de Protección Civil e o GES de Cervo.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta