Falece unha persoa tras chocar un coche contra un muro e precipitarse por un terraplén no Rosal (Pontevedra)

Unha persoa faleceu este martes nun accidente de tráfico rexistrado ao chocar contra un muro un vehículo con catro ocupantes e precipitarse por un terraplén no municipio do Rosal (Pontevedra).

PONTEVEDRA | 28/02/2017 | Actualizada ás 10:10 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha persoa faleceu este martes nun accidente de tráfico rexistrado ao chocar contra un muro un vehículo con catro ocupantes e precipitarse por un terraplén no municipio do Rosal (Pontevedra).

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia a Europa Press, o sinistro tivo lugar pasados uns minutos das 8,30 horas na estrada que une A Guarda e Baiona no lugar de Portecelo.

O 061 indicou ao servizo de emerxencias que no vehículo ían catro ocupantes, dos cales un faleceu, dous foron trasladados a un centro sanitario e outro recibiu atención no punto.

O sinistro sucedeu cando o vehículo chocou contra un muro, derrubou un poste e caeu por un terraplén na parroquia do Rosal, no municipio do mesmo nome.

Por iso foron mobilizados o GES da Guarda, así como os Bombeiros de Baixo Miño, que indicaron que rescataron a unha persoa atrapada no interior do vehículo accidentado.

Tamén foi mobilizada a compañía eléctrica, xa que cableado quedara encima do vehículo sinistrado.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta