Martínez asegura que Campos lle ofreceu a presidencia da Deputación de Lugo

O agora vicepresidente di que rexeitou a proposta porque "cambiaron as circunstancias".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2017 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Manuel Martínez, recoñeceu este venres que o presidente provincial, o socialista Darío Campos, ofreceulle a presidencia da institución no marco das negociacións dos últimos meses que culminou co seu regreso ao goberno provincial.

Darío Campos e Manuel Martínez anuncian a reincorporación do segundo ao Grupo Socialista e o seu nomeamento como vicepresidente da Deputación de Lugo
Darío Campos e Manuel Martínez anuncian a reincorporación do segundo ao Grupo Socialista e o seu nomeamento como vicepresidente da Deputación de Lugo | Fonte: EP

No entanto, o tamén alcalde de Becerreá explicou que rexeitou a proposta porque "cambiaron as circunstancias". "Non teño ningún interese", dixo en declaracións a Radio Lugo, recollidas por Europa Press.

"Non se fixo público, pero una das ofertas de Darío é que me cedía a presidencia, pero as circunstancias cambiaron, a dous anos vista non non teño ningún interese", argumentou.

Así mesmo, Martínez considerou que a súa entrada na presidencia sería "un encordio" para o discorrer do goberno provincial. A pesar de admitir que o sucedido nos últimos dous anos "deixa feridas" e sentimentos "agridoces", afirmou confiar en que "o tempo o lime".

Con respecto ao que era ata agora vicepresidente provincial, Álvaro Santos, recoñeceulle a súa "xenerosidade", que xa expresou "durante as negociacións".

Martínez pediulle a Darío Campos o cumprimento do documento asinado en agosto de 2015 polos deputados do PSOE e alcaldes da provincia polo que se acordaba entregarlle o posto de vicepresidente e a área de Vías e Obras da Deputación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta