Temas: PESCANOVA

Folga en Pescanova e ameaza de paro indefinido

Traballadores de Nueva Pescanova nas plantas de elaboración e frigoríficos decidiron convocar folga os martes 14 e 21 de marzo ao considerar que a empresa "continúa nos seus trece" na negociación dos convenios colectivos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2017 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

Traballadores de Nueva Pescanova nas plantas de elaboración e frigoríficos decidiron na súa asemblea deste sábado convocar folga os martes 14 e 21 de marzo ao considerar que a empresa "continúa nos seus trece" na negociación dos convenios colectivos. Segundo explicou o representante da CIG no centro, Suso García, a decisión foi tomada pola "práctica totalidade" dos traballadores presentes na asemblea convocada polos sindicatos CIG, UGT, USO e CUT. Ademais, avanzou que, se a empresa "non cede", prevén facer indefinido este paro a partir do 3 de abril. Con todo, considerou que esperan que a dirección "rectifique" a súa postura e sente "a negociar" cos traballadores.

Asemblea de traballadores de Pescanova
Asemblea de traballadores de Pescanova | Fonte: CIG.

E é que os sindicatos denuncian que, nas súas propostas para os novos convenios, Nueva Pescanova pretende "flexibilizar a xornada e abaratar o persoal". "A eliminación de primas, o incremento das xornadas ou a eliminación da antigüidade deixouno polo camiño pero o abaratar o salario da xente e a flexibilidade son cuestións nas que segue enrocada e polas que non pasamos", manifestou.

Na asemblea deste sábado, aberta a todos os traballadores, non estivo presente o sindicato CC.OO. aínda que, segundo explicou o representante da CIG, esperan que "se sume" a estes paros.

A ausencia de Comisións prodúcese despois de que se formasen dous bandos na parte social de Pescanova. Ambas as partes cúlpanse mutuamente de romper a unidade sindical, tendo en conta que na reunión que mantiveron a principios de febreiro non lograron acordar unha posición fronte á empresa.

Neste marco, CC.OO confirmou que a próxima semana iniciará paros parciais —dunha hora os martes e xoves do mes de marzo— na parte comercial, administrativa e de oficinas do grupo, medida que ve "suficientemente potente" como para "facer reconsiderar a súa posición á empresa".

Sede do grupo Pescanova en Chapela, Redondela
Sede do grupo Pescanova en Chapela, Redondela

POSICIÓN DA EMPRESA

Pola súa banda, a dirección de Nueva Pescanova sostén que a súa proposta de convenios colectivos para as plantas de elaboración e frigoríficos do grupo non afecta os postos de traballo e as condicións laborais dos actuais traballadores senón só aos novos contratados, aos que, en todo caso, propón salarios e condicións que "melloran" o convenio do sector.

Nun comunicado, que trasladou este xoves ao persoal, a empresa asegura que na negociación, pola que houbo "preto de 100 reunións desde o 31 de marzo de 2016", trata de conseguir convenios propios "baixo as premisas de mantemento do emprego e mellora da competitividade e flexibilidade, de forma que se garanta a viabilidade e sustentabilidade futura de todos os seus centros".

Temas: PESCANOVA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Xose

Moito me temo k as traballadoras non saben onde se están metendo. Cun Comité tan repartido, as estratexias dos sindicatos acabarán por trasladar actividade (esperemos k non toda) fora de Chapela. K perigosas son as asambleas onde o k disinte é un traidor.

1 Gamela

o día da folga ben podían ocuparlle a casa ao Barón de Pescanova en Alcabre - Vigo e quedar alí ata resolver o convenio da Nova Pescanova (así matarían dous paxaros dun tiro) https://flic.kr/p/Qw9hGc