A fusión das caixas ameaza cun cisma empresarial entre o norte e o sur

A maior parte dos empresarios de Pontevedra non queren a fusión e están dispostos a ir ata donde faga falla na defensa da autonomía de Caixanova.

Por Manuel Pérez | Santiago | 18/12/2009 | Actualizada ás 12:41

Comparte esta noticia

Os máis belixerantes son os empresarios vigueses que comanda o presidente da Cámara de Comercio de Vigo, José García Costas, --quen por outra banda é conselleiro de Caixanova--, pero ten o apoio das cámaras de Arousa, Pontevedra e Tui e o decidido respaldo da Confederación de Empresarios de Pontevedra, que dirixe José Manuel Fernández Alvariño.

Nas últimas semanas as diferencias entre empresarios do norte e do sur teñen xerado numerosas tensións, especialmente, tras a entrevista do presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla, con Feijóo e o apoio do primeiro á fusión das caixas. De feito, as relacións dos empresarios do sur coa CEG xa non eran boas desde as eleccións do pasado maio, cando Fontenla gañoulle a partida a Alvariño.

Ruptura?

Desde o sur acusan ao presidente da CEG de "venderse" á Xunta e aos intereses de Caixa Galicia e din que Fontenla "xa non é un interlocutor válido". Por iso, esgrimen o informe elaborado polas catro cámaras do Sur e a CEP, que alerta da perda de 1.800 empregos e 2.000 millóns en créditos, para rexeitar a fusión.

Por iso, e ante o que consideran como un decidido apoio da CEG ás posturas da Administración galega e de Caixa Galicia, non descartan unha ruptura empresarial e crear unha nova confederación empresarial que integre as cámaras rebeldes e a CEP.

División política

Esta división empresarial tamén está xerando alianzas políticas. Se Fontenla apoia a Feijóo, os empresarios do sur alianse co PSOE. De feito, tanto Alvariño como Costas mantiveron encontros e numerosas conversas telefónicas cos principais dirixentes socialitas, sobre todo, con Abel Caballero. O propio Alvariño acudiu hai unhas semanas á conferencia impartida polo ex presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, na súa primeira reaparición pública logo das eleccións autonómicas.

Os desaires do empresariado vigués ao PPdeG pola súa decidida aposta pola fusión, e a alianza co alcalde de Vigo, teñen incomodado á dirección popular e ao presidente da Xunta. Por iso, o PP vigués disparou este xoves, a través de Chema Figueroa, contra Costas e Jaime Borrás, presidente do Clube Financiero, ao acusalos de ter intereses en Caixanova a través das súas empresas. En Vigo apuntan que a postura do PP é "suicida" e que acaba de dilapidar as opcións de recuperar a alcaldía. De feito, algúns empresarios tentaron convencer a Corina Porro --que se mantén nun segundo plano-- de que mediara ante o presidente galego para evitar a fusión.

E nesta guerra de baixo nivel tamén interveñen os poderes mediáticos. En Vigo, Faro de Vigo, posicionouse claramente a favor de Caixanova e en contra da fusión, mentres que na Coruña, La Voz de Galicia, mantén a postura contraria e defende os postulados de Caixa Galicia e da Xunta a favor da fusión.

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

19 anonimo

que terá que ver, xa estades algúns sacando os pés do tiesto.

18 Moderado

A Caixa que ten máis debedas non se sabe, porque non se fixeron públicos os balances, ó millor non é Caixa Galicia. O importante é facer unha caixa galega unida, e se non nos deixan reclamar a independencia.

17 Para hacer bien el amor...

A roubar a Sierra Morena, Deportivo na ruina, Caixa Galicia na ruina, xa temos R, agora ten que vir Caixa Galicia (ca súa ruina, menos mal que andamos sobrados) para o sur.

16 anonimus

O Gayoso o de Caixanova,non se quere baixar do coche oficial,e logo dín que miran polos intereses de Galicia,o mesmo que o psdg que só importanlle Galicia cada catro anos e sempre perden.Fusión Sí!

15 Brais

Cando os coruñeses din Galicia queren dicir A Coruña; véxase Voz de Galicia e Caixagalicia. No sur estamos fartos deles!! Que vaian a roubar a Sierra Morena, paniaguados e mantidos do goberno do PP co pláce do BNG.Qué ben votan xuntos estas cousiñas o PP e o BNG, que ben se entenden! Claro son a mesma merda!!!