A Xunta destina outros 1,5 millóns máis para facer propaganda nos medios

O Goberno de Feijóo leva programados case 13 millóns de euros no que vai de 2017 destinados, principalmente, aos medios de comunicación tradicionais do país. Turismo de Galicia distribuirá case a metade deses cartos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de C0mpostela | 10/03/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia segue aumentando os orzamentos destinados á propaganda e xa suma máis de 12,8 millóns de euros en campañas publicitarias que realizará nos vindeiros meses. Un diñeiro que servirá para aumentar as contas dos grandes grupos mediáticos de Galicia.

A Xunta destina millóns de euros en subvencións aos medios galegos
A Xunta destina millóns de euros en subvencións aos medios galegos

Desta volta, as campañas previstas son das consellerías de Medio Rural e de Infraestruturas e Vivenda, e da Rede Dixital de Emerxencias e Seguridade de Galicia ( RESGAL). En total, 1.465.000 euros (con IVE) en tres campañas para “concienciar” aos galegos das distintas políticas e iniciativas postas en marcha por estos departamentos.

Así,  a Consellería de Infraestruturas e Vivenda destinará máis de 886.000 euros para a elaboración, produción e plan de medios das campañas de promoción dos ámbitos competenciais atribuídos a este departamento e as súas entidades adscritas durante 2017. A campaña está relacionada coa sensibilidade cidadá sobre a seguridade viaria, a mobilidade e o transporte público e a rehabilitación de vivendas en Galicia. 

Por outra banda, a Consellería do Medio Rural adicará case 450.000 euros no desenvolvemento dunha campaña publicitaria de prevención, concienciación e sensibilización social contra os incendios forestais. Esta consellería xustifica esta iniciativa alegando que a Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, xa recolle que lle corresponde á Xunta desenvolver campañas e actividades de educación e información para a sensibilización da cidadanía no relativo ao combate dos lumes forestais e a persecución das actividades delitivas que causan incendios e coordinar a execución destas campañas.

Tamén a Rede Dixital de Emerxencias e Seguridade de Galicia (RESGAL) destinará 127.000 euros para a "Contratación do servizo sucesivo para o desenvolvemento dunha campaña publicitaria sobre, xestionada por Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.". Esta entidade xustifica a convocatoria deste concurso publicitario apuntando que a súa función é dar difusión a este servizo “coa finalidade de que os seus beneficiarios estean ao alcance de todas as entidades prestadoras de servizos de emerxencia”. “Por conseguinte, resulta necesaria a contratación dunha campaña de difusión, coa finalidade de conseguir que os beneficiarios da RESGAL estean ao alcance de todas as entidades interesadas”, suliña.

Unha das campañas de publicidade que a Xunta inserta nos medios de comunicación
Unha das campañas de publicidade que a Xunta inserta nos medios de comunicación

Máis acordos publicitarios

Estes concursos súmanse a outros que foron saíndo nas últimas semanas, entre eles,  das consellerías de Economía e de Política Social por un valor de máis de 2,3 millóns con IVE. Tamén hai uns días, o GC xa daba conta de outros dous contratos da Axencia Turismo de Galicia. Así, un deles busca axencias de comunicación para a elaboración, produción e plan de medios da campaña de promoción dos recursos naturais, culturais e gastronómicos de Galicia durante 2017 por valor de máis de 6,2 millóns de euros con IVE. Por outra banda, destina 400.000 euros con IVE á contratación do servizo “accións de comunicación dixital” da campaña de promoción dos recursos naturais, culturais e gastronómicos de Galicia, así como do Camiño de Santiago en particular.

Previamente, era outro concurso de 2,2 millóns de euros que a Secretaría Xeral de Medios destinará aos grandes medios a través de dous acordos marcos para realizar distintas campañas publicitarias no 2017 e 2018.

Control mediatico da Xunta

O proxecto de I+D+i ‘Accountability y Culturas Periodísticas en España. Impacto y propuesta de buenas prácticas en los medios de comunicación españoles’, xa alertou de que a Xunta utiliza os cartos públicos para “controlar” aos medios de comunicación privados.

"Desde a longa etapa na que Galicia foi gobernada por Manuel Fraga (1990-2005), a práctica de subvencionar aos medios de comunicación foi constante por parte dos distintos executivos autonómicos" e este "modelo de subvencións, axudas ou convenios" funcionou dende entón como "unha forma de garantir o control informativo", recolle o documento. Tanto, que "a gran dependencia económica dos medios galegos dos poderes públicos impide falar de independencia política, aínda que sexa un dos lemas más repetidos nos seus idearios".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Moinante

Que queres que che conte que já nom saibas! A informaçom sistematizada polos “mass mésia” é a formaçom permanente das grandes massas. O controle do “púlpito” - hoje os conglomerados mediáticos- garante o domínio sobre as mentes e a criaçom dumha totalidade social analfabeta funcional e política; condiçom imprescindível para submissom.

3 Nemo

Mal, pero ¿non facía o mesmo o sinistro bipartito?

1 Dori

Nin de lonxe como ti lle chamas ao sinistro bipartido enterrou tanto diñeiro publico nos medios de comunicación privados como o PartidoPPodre. Por algo as contas de La Voz están absolutamente saneadas. Como dixo un máis abaixo, esta conselleria concedeu subvencións por valor de centenares de miles de euros en publicidade aos medios e negándolles a salvación a enfermos da hepatite c. Tan baixo, tan baixo o bipartito non caera.

2 Estabayopensando

La austeridad feijooniana: recortes en los fármacos para la hepatitis C(con resultado de muerte) y mucha guita para medios amigos.

1 ata os colllons

O da Xunta xa é de coña. 13 millóns son moitos millóns e aínda o que lle queda e logo xente pasando fame ou sendo botada das súas casas. E ese diñeiro para pagarlle os favores a señoritos da Coruña, Santiago e Vigo.