Temas: HUMOR

A Deputación da Coruña pide que non se deixe actuar a este humorista

Con todo, tras manter unha reunión coa vicepresidenta da administración provincial, o Teatro Colón segue adiante coa actuación de Jorge Cremades. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 06/03/2017 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

A actuación do valenciano Jorge Cremades está a crear polémica na Coruña. A área de Cultura da Deputación da Coruña, que lidera Goretti San Martín (BNG), pediu a Teatro Colón que cancele o espectáculo, previsto para este sábado.

Jorge Cremades
Jorge Cremades | Fonte: change.org

A petición da política nacionalista non foi escoitada. Goretti Sanmartín dixo hoxe que "lamenta que as persoas responsábeis da sala non vexan a posibilidade de eliminar o espectáculo da súa programación, segundo explicaron, polas condicións previas do contrato".

Cremades é un cómico moi popular no Youtube, onde varios dos seus vídeos andan polo millón de visualizacións. Pero o seu humor non é do gusto de todos. En Change.org miles de persoas asinaron unha petición en liña para que se cancelen as presentacións en Galicia da obra  “Te odio, pero solo como amigo” polo suposto "alto contenido machista y homófobo" das actaucións.

Dáse a circunstancia de que o Teatro Colón é propiedade da Deputación da Coruña. Con todo, a vicepresidente non logrou facer valer o seu criterio ante a concesionaria, a empresa de servizos e traballo temporal Eulen.

O venres está prevista a súa actuación no teatro Afundación de Vigo. As entradas están a venda en Ataquilla.com

Este é un dos seus vídeos máis populares, e máis polémicos:

Temas: HUMOR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta