SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2017 | Actualizada ás 08:06 por EUROPA PRESS
As III Xornadas Gastronómicas 'Padrón, Sabor a Lamprea' celebraranse os días 10, 11, 12, 17, 18 e 19 de marzo, dous fins de semana nos que diversos restaurantes da localidade ofrecerán menús especiais e programaranse actividades.
Por terceiro ano consecutivo, o Concello de Padrón organiza este evento gastronómico co obxectivo de, segundo destaca a organización, "valorizar e dar a coñecer este recurso desde o punto de vista culinario". Ademais, resalta o seu "gran valor cultural, patrimonial e a súa vinculación co territorio".
Así, a cita gastronómica será, segundo indica a organización, "unha nova oportunidade para degustar as propostas da hostalaría padronesa ao redor deste peixe capturado nas pesqueiras de Herbón".
Os menús terán un prezo de 25 euros por persoa e os establecementos participantes serán nove da localidade. Ademais, o Auditorio de Padrón acollerá o venres 10 de marzo a conferencia titulada 'A Lamprea, unha xoia da gastronomía galega' na que cinco conferenciantes debaterán sobre este produtor e o seu potencial desde distintos puntos de vista.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.