A Deputación de Pontevedra acusa o alcalde de Meis de "falsificar" un documento sobre a reforma dunha estrada

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera (BNG), asegurou que o alcalde de Meis, José Luís Pérez (PP), "falsificou" un documento no que aseguraba que estaban os terreos a disposición para poder acometer a reforma dunha estrada provincial "e non o están".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2017 | Actualizada ás 18:16 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera (BNG), asegurou que o alcalde de Meis, José Luís Pérez (PP), "falsificou" un documento no que aseguraba que estaban os terreos a disposición para poder acometer a reforma dunha estrada provincial "e non o están".

"Que facemos? Metémolo no xulgado?", preguntou o vicepresidente da institución provincial, que reaccionou deste xeito despois de que o rexedor ofrecese unha rolda de prensa en compañía dos deputados provinciais do Salnés, Luís Aragunde e Salomé Pena, e dos portavoces do PP na Deputación, Nidia Arévalo e Ángel Moldes.

Na rolda, os dirixentes populares colgaron un panel reivindicativo, no que denunciaban que a administración provincial "paralizou sen xustificación" o proxecto de ensanche da estrada de Mosteiro a Arcos (EP-9401).

Tras iso, este xoves o vicepresidente provincial asegurou que xa se lle comunicou esta decisión ao alcalde despois de tentar sacar adiante o proxecto. De feito, Mosquera sinalou que se celebraron varias reunións para advertir destes problemas de falta de disposición dos terreos necesarios para acometer a obra.

Ademais, César Mosquera revelou que, por este tipo de actuacións, "xa houbo que chamar a capítulo" a outros alcaldes que igualmente "asinaron que os terreos estaban a disposición, sendo falso" e indicou o problema que se xera se as máquinas da Deputación entran nun terreo que é privado.

Ante iso, o vicepresidente da Deputación destacou que hai obras na administración provincial cuxas tramitacións "son auténticas trapalladas" e criticou a "desvergoña" que, ao seu xuízo, supón que "alguén que comete un delito, como é certificar algo que é falso, saia presumindo e mentindo como un bellaco".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta