Temas: HUMOR

Cremades, censurado tamén na Coruña por "machista"

A vicepresidenta da Deputación da Coruña argumenta que impedir ao humorista facer o seu show "Te Odio pero como amigo" é unha vitoria do movemento feminista. Video no interior.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 17/03/2017 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

O Teatro Colón da Coruña cancelou o espectáculo de Jorge Cremades 'Te odio, pero como amigo', que estaba previsto para o próximo 25 de marzo.

Goretti Sanmartín e Rocío Fraga en rolda de prensa
Goretti Sanmartín e Rocío Fraga en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

TOLERANCIA CERO CO MACHISMO

Así o informaron desde a dirección do centro nunha comparecencia á que asistiron a concelleira de Igualdade do Concello da Coruña, Rocío Fraga, e a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín. Esta vinculou a decisión coa "tolerancia cero" co machismo.

Desde o Teatro Colón, propiedade da Deputación da Coruña, precisaron que o artista manifestou a súa vontade de subir ao escenario, tras a venda de entradas. No entanto, dixeron que o artista "non quixo prexudicar ao teatro nin á súa dirección" tras as críticas a esta representación. 

A prensa preguntou se o humorista recibirá algunha compensación económica pola cancelación. O Teatro Colón, que ao principio negárase a cancelar a actuación, non respondeu claramente. Dixo, iso si, que todo o proceso foi complicado.

Jorge Cremades
Jorge Cremades | Fonte: change.org

O espectáculo segue aparecendo no calendario oficial de actuacións de Cremades. O censurado non se pronunciou polo de agora polo sucedido. É a segunda cancelación que sofre en Galicia. Tamén en Vigo Afundación decidiu non deixalo actuar no seu teatro, ante as críticas feministas.

DEVOLUCIÓN DE ENTRADAS

Dende o Teatro Colón precisaron que os que adquiriron localidades terán dereito á devolución do importe íntegro a través da plataforma onde as adquiriron.

Mentres, a vicepresidenta provincial vinculou a decisión con "un compromiso firme de tolerancia cero co machismo". Ademais, vinculou esta cancelación cunha "vitoria" do colectivo feminista.

Na mesma liña, a concelleira de Igualdade do Concello da Coruña, Rocío Fraga, precisou que a decisión se adopta tras a solicitude feita por un grupo de mulleres. Ao seu xuízo, este espectáculo é "a punta do iceberg doutras expresións de odio que teñen lugar, ás veces, nos espazos artísticos".

POPULAR E POLÉMICO

Cremades é un cómico moi popular no Youtube, onde varios dos seus vídeos andan polo millón de visualizacións. Pero o seu humor non é do gusto de todos. En Change.org miles de persoas asinaron unha petición en liña para que se cancelen as presentacións en Galicia da obra  “Te odio, pero solo como amigo” polo suposto "alto contenido machista e homófobo" das actuacións.

Dáse a circunstancia de que o Teatro Colón é propiedade da Deputación da Coruña. Con todo, a vicepresidente non logrou facer valer inicialmente o seu criterio ante a concesionaria, a empresa de servizos e traballo temporal Eulen. Só hoxe, unha semana antes do show, o Teatro anunciou a cancelación.

Este é un dos seus vídeos máis populares, e máis polémicos:

 

Temas: HUMOR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta