Gais e lesbianas critican que se lles exclúe en casos de violencia de xénero

Un estudo realizado na provincia de Ourense evidencia a existencia de actitudes homófobas nos ámbitos escolar, laboral, familiar, social, pero tamén no gobernamental "mediante a negación, a inexistencia de determinados dereitos e o impedimento para acceder a certos servizos".

Por Galicia Confidencial | Ourense | 21/03/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Co obxectivo de identificar actitudes homofóbicas cara os gais e lesbianas en distintos ambientes, un equipo de investigadores realizou un estudo na provincia de Ourense con varios membros deste colectivo cuxos resultados evidencian, por un lado, que "a violencia verbal é a máis frecuente en todos os espazos" e, por outro, que "a discriminación tamén se dá no ámbito gobernamental mediante a negación, a inexistencia de determinados dereitos e o impedimento para acceder a certos servizos", sinalan os autores da investigación. 

Bandeira arco iris, símbolo do colectivo LGTB
Bandeira arco iris, símbolo do colectivo LGTB

Máis concretamente, os investigadores puideron comprobar que dentro do ámbito gobernamental danse dúas circunstancias: por unha banda, a falta de dereitos ou o seu non recoñecemento, e, por outro, a negación ou non ter acceso a determinados servizos aos que si teñen dereito outros cidadáns. Así, os participantes gais e lesbianas no estudo destacaron estas circunstancias: "Non temos os mesmos dereitos que un heterosexual", "A violencia de xénero non se ten en conta entre parellas do mesmo sexo, e se chamas, non teñen en conta o teu caso", "Dificúltasenos o acceso a determinados sitios ou espazos" ou "Non hai plataforma nin teléfono ao que acudir".

O estudo —titulado 'Percepción de la homofobia y lesbofobia por parte de una muestra de gays y lesbianas de la provincia de Ourense' e publicado en Psicología y Salud,  revista do Instituto de Investigaciones Psicológicas da Universidad Veracruzana (México)— evidencia non só a existencia de discriminación no que se refire ás administracións públicas senón tamén a existencia da homofobia e a lesbofobia nos ambientes escolar, laboral, familiar, social e no propio espazo interior de gais e lesbianas.

Os resultados da enquisa realizada a membros do colectivo de gais e lesbianas indican que o ámbito social (52.08%) é onde se dá máis discriminación. Así mesmo, obsérvase que no resto dos grupos ou ámbitos as referencias á homofobia e lesbofobia representan un 22.92% no escolar, 10.42% no familiar, 9.37% no laboral e 5.2% noutros (ámbito interiorizado e gobernamental).

Respecto dos tipos ou manifestacións máis comúns de homofobia e lesbofobia en cada ámbito, foron a violencia verbal e a violencia emocional as máis reportadas. Con todo, en case todos os niveis se manifestou a existencia de violencia física, o illamento e outros aspectos vinculados aos roles de xénero.

A investigación tamén pon de manifesto as repercusións que teñen o temor aos ataques homófobos e a homofobia intereriorizada no comportamento de gais e lesbianas, especialmente no referente a desvelar a orientación sexual ou a demostrar afecto en público (sobre todo entre as lesbianas) por medo aos ataques homófobos, o cal, sinala o estudo, afecta á calidade de vida deste colectivo.

Finalmente, cabe destacar que, comparando a percepción que teñen gais e lesbianas sobre estas actitudes, obsérvase que as lesbianas reportan sufrir maiores niveis de homofobia no ámbito social, laboral e familiar, mentres que os gais indican unha maior violencia no ámbito escolar.

Os autores do estudo son Luis Manuel Rodríguez Otero, Sandra Elizabet Mancinas Espinoza e Ana Beatriz Carrera Aguilar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 Victor do Ribeiro

Outra mostra de odio dos LGTB: http://gaceta.es/noticias/hetero-mu...

3 jose

Ati perseguironte por ser heterosexual, bateronche na rua por ir da man da tua muller? Non digas parvadas

1 Hipólito

Agreden a Ignacio Arsuaga ante la pasividad policial en Barcelona http://gaceta.es/noticias/autobus-h... El fascismo podemita purga a Alicia Rubio https://okdiario.com/espana/madrid/...

2 Galegus sempre

Para cando empezaremos a falar da heterofobia do lobby LGTB?

1 muxián

É moito peor a serofobia, o rexeitamento que sofren as persoas seropositivas. A día de hoxe estas persoas, medicadas, no teñen ningún problema, fan vida normal e poden ter sexo desprotexido sen transmitir o VIH (o condón protexe no 70% dos casos; a Preexposición (Truvada) nun 99% e o tratamento que toman os seropositivos (indetectables) protexe ao 100%). De feito nos rapaces seropositivos das aldeas e pobos é moito mais frecuente que teñan verdadeiro pánico a que se lles saiba que viven co VIH. Moitos deles son gais, así que á homofobia engaden a serofobia. Urxe implementar un plan contra a serofobia no medio rural, que a tensión na que viven os rapaces afectados polo VIH mete medo. Por suposto que este plan tería que incluir accións contra a homofobia. Non necesariamente facendo apoloxía da ideoloxía de xénero. Pódese repetir o respeito que pide a Igrexa no Catecismo sobre o xeito co que hai que acoller a homosexuais ou lesbianas.

1 Kollontai luguesa

Urxe facerse adultos ideoloxicamente e non entrar en loitas individualista senon loitar polos dereitos de todos. Urxe reflexionar tamen dende a esquerda sobre os e as que defenden a legalizacion da prostitucion e a legalizar os ventres de aluguer. Coma muller sentinme moi desprotexida estes dias ao ver a supostos esquerdistas defender isto acriticamente. Non a discriminacion de ningun ser humano.

2 7fey

Manda carallo, falar de facerse adultos ideolóxicamente e sermonear con feminismo ancorado nos 70s, o fainting couch feminism estavos facendo un fraco favor ás mulleres.