Temas: BNG ANA PONTóN

Cales son as novas caras para dirixir o BNG

Ana Miranda, Olalla Rodil e Luís Bará, entre os 6 novos membros da única candidatura presentada ata agora para dirixir a formación. Os nacionalistas aumentan o número de membros da Executiva e manteñen a case todos os seus integrantes.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/03/2017 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

A UPG, a formación maioritaria e case única do BNG, volve a acaparar os postos da lista que se presentará na vindeira asemblea nacionalista. Unha asemblea que, a diferencia das anteriores, semella que será tranquila e sen ningún tipo de sobresalto, tras a saída de todos os sectores críticos, o último o seu último voceiro nacional, Xavier Vence.

Ana Miranda no Encontro Nacional do BNG con Xavier Vence
Ana Miranda no Encontro Nacional do BNG con Xavier Vence | Fonte: Bloque

Esta proposta de nova Executiva Nacional, que está encabezada pola portavoz nacional e parlamentaria Ana Pontón, só incluirá seis novos membros xa que a “gran renovación” ao Consello Nacional do BNG tivo lugar na anterior asemblea. 

Precisamente, entre as persoas que formarán parte da, ata agora, lista única que se presenta, está a que foi unha das principais valedoras de Vence,  a ex eurodeputada Ana Miranda, unha das dirixentes que no seu día asinou o coñecido como Manifesto de Vidán.

Tamén estarán nesa candidatura os parlamentarios autonómicos Olalla Rodil e Luís Bará, a deputada na Deputación de Pontevedra Eva Vilaverde e os militantes Xavier Campos e Susana Camba, cunha "importante traxectoria e activismo" no BNG. Estes seis militantes da organización frentista son o seis novos membros da única candidatura de nova Executiva Nacional que, por agora, se presentou.

Só dúas baixas

Esta nova dirección estará conformada por 19 integrantes, polo que aumenta a súa composición en catro membros --a Executiva Nacional saínte está integrada por 15 persoas--. Só dúas persoas non continuarán na única candidatura para a nova Executiva Nacional: Carlos Branco Ansoar e Raquel Suárez. En ambos os casos, foi por "vontade propia".

Presentación de Eu con Ana Pontón en Pontevedra
Presentación de Eu con Ana Pontón en Pontevedra

O Consello Nacional aprobou este sábado, con ningún voto en contra e seis abstencións, a mencionada proposta de nova dirección política que, previsiblemente, guiará ao Bloque durante o próximos tres anos.

Outras listas

Polo momento, non se presentou ningunha outra lista. O secretario de Comunicación do Bloque, Rubén Cela, precisou que, con tan só 15 persoas, xa se pode presentar unha lista alternativa. Preguntado este sábado a este respecto por se espera algunha outra proposta, limitouse a dicir que non o sabe, pero que, en calquera caso, "non sería ningún problema".

"Nos últimos procesos asemblearios do BNG sempre houbo diferentes candidaturas, e na última ocasión tamén", lembrou, para logo engadir unha vez que a presentación de novas candidaturas non suporía "ningún problema", pois o actual "clima interno" do BNG é "moi bo".

Manter o mesmo equipo

Precisamente, Rubén Cela, defendeu que se manteña a mesma xente no Consello Nacional. "Entendiamos que había un grupo que había que manter, que foi o que se escolleu hai 12 meses. Non tiña moito sentido modificar o groso, pero había perfís que era necesario reforzar", relatou Rubén Cela, quen puxo como exemplo o grupo parlamentario do BNG, coas incorporacións á Executiva Nacional de Olalla Rodil e Luís Bará. Con todo, a dirección só se aumentou en catro membros para non perder o "carácter de executiva".

Así as cousas, o Consello Nacional contará con 50 membros, situados nesta orde: Ana Pontón Mondelo, Xosé Luís Rivas 'Mini', Goretti Sanmartín, Eva Vilaverde, Rubén Cela Díaz, Noa Presas, Bieito Lobeira, Olalla Rodil, Carme da Silva, Néstor Rego Candamil, Ana Miranda Paz, Xosé Manuel Marcote, Obdulia Diniz 'Duli', Xavier Campos, Olaia Ledo, José Emílio Vicente, Montse Prado Cores, Luís Bará e Susana Camba --ata aquí sería a nova Executiva Nacional--.

Tamén forman parte do Consello Nacional Alberte Fernández, Cristina Andrade, Mario Outeiro, Ana Bringas, Avia Veira, Adolfo Muíños, Diego Santório, Guillerme Vázquez --exportavoz nacional--, Iván Rivas, Montse Porteiro, Xosé Manuel Carril, Miragres Lantes, Rubén Arroxo, Rosana Prieto, Rosana Pérez, Francisco García, Pura Ferreño, Diego Lourenzo, Leticia Santos, Daniel Gómez, Gonzalo Veiras, Xosé Carlos de la Fuente, Míriam Rodríguez, Xosé Manuel Rodríguez, Xoán Carlos Sar Oliveira 'Kuka', Ximena González, André Abal, Mercedes Giráldez, Xesús Vilasánchez, Carme Rei e Francisco Jorquera.

Ana Pontón, con Olaia Rodil, Noa Presas, Luis Bará e Xosé Luis 'Mini' Rivas
Ana Pontón, con Olaia Rodil, Noa Presas, Luis Bará e Xosé Luis 'Mini' Rivas | Fonte: Europa Press.
Temas: BNG ANA PONTóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

2 Tiago

Novas caras? Os de siempre vivendo da teta upegalla

1 Kollontai luguesa

Es rápido, vaqueiro, non acababa de facer eu o meu comentario e xa estás ti aí. Raro, raro...

1 nostrus

Da igual quien sea el cabecilla de esta banda politica, porque sea quien sea no aportará nada al progreso y a la convivencia. Su objetivo es polarizar a la sociedad y entorpecer la convivencia entre todos los españoles a base de confundir a la sociedad gallega inventando enemigos y consierando a los gallegos como seres tontos y debiles que no nos sabemos defender y que mean por nosotros y decimos que llueve. En Murcia o Extremadura no tienen partidos de esta calaña y no los extrañan. Lo que se pnecesita son partidos que ayuden a construir y a progresar respetanto la diversidad y sin entrometerse en la vida de la gente diciendole que lengua deben hablar y que cultura tienen que practicar si quieren entrar en el paraiso. A pesar de todo, y debido a que estamos en democracia, reconozco al RNG su derecho a estorbar y merece el mismo respeto que la mismisima Falange.

1 Kollontai luguesa

Gran bondade a túa, permitíndellos "non estorbar". As palabras de todo un demócrata! Ohhhh... Evidentemente seguindo o fío do teu discurso incoherente, coma case sempre, eu podería defender que se cre un goberno europeo que nos represente a todos e a todas e que o inglés pase a ser a lingua oficial. A xente coma ti é a que fai que o nacionalismo medre. Ti pola rama centro dereita do partido do poder e os mareantes pola rama esquerda... Todo visto xa e maxistralmente explicado por exemplo por Chomsky. En fin, típico caso de nacionalista español reprochando o nacionalismo do outros e repetindo argumentos gastados. Nada novo, todo vello xa. Déixoche un agasalliño musical. https://www.youtube.com/watch?v=7vk...

2 nostrus

Kollontai luguesa. Defender un goberno europeo que nos represente a todos é progresista, si se respeta a diversidade, claro. O do inglés como idioma oficial para Europa non pasa de ser unha parvada mais do mundiño naciota. ¿Acaso o inglés representa a realidade lingüisitica de Europa?. Eu non lle quito ao nacionalismo o seu direito a participar na democracia, pero..¿acaso non teño dereito a crer que o unico que fai é estorbar?. Segun o seu ideario o único que lle preocupa é que os galegos teñan unha cultura determinada, ¿acaso os galegos non son libres de facer o que lle dea a gaña?. ¿Acaso me negas que o nacionalismo galego non é excluinte?, explicame porque se quere apartar dos castelans, catalanes, andaluces.........¿quen lle sobra?, ¿por que non podemos progresar entre todos os españoles?.