Cursos de gastronomía, cociña e enoloxía para todas as idades

Vigo acollerá catro cursos de Afundación impartidos por especialistas e dirixidos a persoas a partir de sete anos de idade.

Por GC Tendencias | Vigo | 20/03/2017 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

Afundación ofrece un completo programa de cursos sobre gastronomía e enoloxía para o vindeiro mes de abril na súa sede de Vigo . Impartiranse os cursos de cociña «Cociña co teu mellor pinche», dirixido a nenos e nenas acompañados dos seus pais ou nais, «Cociña para principiantes» e «Do doce ao salgado». Tamén se impartirá un curso para obter o certificado sobre cultura do viño de nivel avanzado. As inscricións pódense facer a través de Ataquilla.com.

Nenas cociñando
Nenas cociñando | Fonte: Afundacion

CERTIFICADO EN CULTURA DO VIÑO. NIVEL AVANZADO

Este curso, coordinado polo sumiller e director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas, desenvolverase os días 6, 20 e 27 de abril e o 4 de maio en horario de 19.30 h a 22.00 h. É o seguinte paso a dar por aqueles afeccionados e profesionais que teñan realizado algún estudo ou formación relacionada co viño ou obtivesen a Certificación Nivel Básico. Neste nivel realizarase un estudo con maior profundidade das técnicas de viticultura e enoloxía, coñecemento de variedades de uvas adicionais, inicio á xeografía vitivinícola da península ibérica probando viños de diferentes zonas de España e Portugal e adestraranse as habilidades de cata.

Os encargados de impartilo serán Juan José Figueroa, segundo clasificado no Campionato Galego de Sumilleres 2015 e titor e responsable técnico do Curso Superior de Sumiller Profesional do Instituto Galego do Viño, e Jorge Vila, xerente do Instituto Galego do Viño e especialista en marketing e formación no sector vitivinícola.  

CURSO «COCIÑA CO TEU MELLOR PINCHE»

Dirixido a nenos e nenas de entre 7 e 14 anos acompañados do seu pai ou nai, ten como obxectivo fomentar a cociña familiar, animar os nenos e pais a estimular a curiosidade natural, satisfacer os seus sentidos e explorar unha parte da vida a través da cociña, utilizando un método didáctico e divertido. Será os sábados 1, 8, 22 e 29 de abril en horario de 11.00 h a 13.00 h e os asistentes elaborarán os seguintes pratos:

Quiche de atún e cherris

Cisnes de milfollas

Bocatas de berenxena

Brownie de chocolate e noces

Canelóns de salchichas

Flan de melocotón

Calzone de queixo e espinacas

Petit-suisse de amorodo

CURSO «COCIÑA PARA PRINCIPIANTES»

Este curso, dirixido a persoas con escasa experiencia na cociña, ten como obxectivo ensinar os coñecementos básicos para conseguir unha alimentación sinxela, equilibrada, sa e económica adaptada ás necesidades da vida actual. Terá lugar os luns 3, 10, 17 e 24 de abril en horario de 20.00 h a 22.00 h. Os menús que se cociñarán son:

Empanadiñas de pizza

Plum – cake de plátano, noces y chocolate

Canelóns de espinacas e atún

Tostadas francesas roll – up

Pastel de carne sorpresa

Kringle de crema, noces e pasas

Quiche de atún e cherris

Croissants de chocolate

CURSO «DO DOCE AO SALGADO»

Terá lugar os mércores 5, 19 e 26 de abril e o 3 de maio, en horario de 20.00 h a 22.00 h. A perfecta combinación entre o doce e o salgado que se realizará neste curso materializarase nos seguintes pratos:

Plum – cake de xamón, queixo e olivas

Melocotóns recheos sobre bouquet de leitugas

Ponche salgado de salmón e atún

Strudell de trigueiros e queixo

Pastelón cordobés

Mufins de polo e brécol

Trenza de lacón e tetilla

Peras ó albariño con salsa de cítricos

CURSO «MÉXICO LINDO E QUERIDO!»

As prazas para este curso están esgotadas. Terá lugar os xoves 6, 20 e 27 de abril e o 4 de maio en horario de 20.00 h a 22.00 h. Os asistentes introduciranse na cociña mexicana a través do seguinte menú:

Polo recheo de guacamole

Tortillas con cajeta e froita

Chili con carne sobre arroz

Quesadillas

Ovos recheos en tulipas

Frautas de polo e queixo

Quesadillas de verduras e xamón serrano

Gorditas de mazá

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta