Mari Paz, 'killer' do gol

A dianteira galega do Valencia, que a pasada xornada marcou dous tantos en tres minutos para tumbar o Athletic, actual campión de Liga, suma xa 21 goles na Liga. A arousana leva dez en seis partidos da segunda volta e sete xornadas consecutivas marcando.

Por gcdeportes | Vilagarcía | 22/03/2017 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

Dous tantos en tres minutos. O Athletic, actual campión de Liga, levaba dous meses sen perder e buscaba, con 42 puntos, achegarse á terceira praza, en posesión do Valencia con 46. Vencía 1-0 a dez minutos do final, pero entón apareceu a killer galega Mari Paz, que marcou dous goles nos minutos 84 e 87, para dar a vitoria ao VCF Feminino en Lezama.

Mari Paz, empuxada por unha xogada do Athletic en Lezama.
Mari Paz, empuxada por unha xogada do Athletic en Lezama. | Fonte: lfp.es

Por cuarta vez nas últimas cinco xornadas, a arousana Mari Paz Vilas marcou dous goles. Suma dez en seis partidos da segunda volta e sete xornadas consecutivas marcando (perdeuse o partido co Espanyol por lesión): o 0-1 ao Rayo na última xornada da primeira volta, o 0-2 ao Zaragoza, dous ao Albacete, o 2-0 ao Sporting Huelva, dous ao Tacuense, outros dous ao Betis e estes dous últimos ao Athletic.

En total, a dianteira arousana leva 21 goles na Liga, case a metade dos que marcou o seu equipo (47), e pouco a pouco vaise achegando á pichichi da Liga Iberdrola, Sonia Bermúdez, do Atlético de Madrid, que suma 24. A terceira na táboa é a madrileña Jenni Hermoso, con 20, nas filas do Barça. Mari Paz, de 29 anos, comezou a tempada facendo un hat-trick o Zaragoza na primeira xornada, e marcou seis goles nos tres primeiros partidos. Acabou con 11 a primeira volta, pero leva xa 10 na segunda a falla de oito xornadas para a fin do campionato.

Os goles da dianteira galega sirven o Valencia, con 49 puntos, para afianzarse na terceira praza da Liga, por diante do Levante, único equipo que venceu as de Mari Paz nesta campaña, e só por detrás do líder, Atlético de Madrid, con 60, e do Barcelona, con 56. A futbolista de Bamio, onde xa hai un campo de fútbol que leva o seu nome, marchou de Galicia tras xogar no Atlético Arousana de 2002 a 2006, e chegou ao VCF Feminino no verán do 2013 tralo seu paso polo Espanyol, Barcelona e Levante. No regreso da Selección Galega fronte a Cataluña en Vilagarcía o pasado decembro, Mari Paz Vilas non puido xogar por unha lesión.

Mari Paz celebra un dos seus goles na Liga.
Mari Paz celebra un dos seus goles na Liga. | Fonte: lfp.es
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta