A campaña de concienciación sobre o medio ambiente 'Oportunidades Galicia' chegou xa "a máis de 55.000 persoas"

A campaña de concienciación sobre o medio ambiente 'Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclemos mellor' chegou xa "a máis de 56.000 persoas" a través de 1.300 accións nuns 200 municipios.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2017 | Actualizada ás 19:42 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A campaña de concienciación sobre o medio ambiente 'Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclemos mellor' chegou xa "a máis de 56.000 persoas" a través de 1.300 accións nuns 200 municipios.

Segundo informou a Xunta, desde que se iniciou o pasado mes de agosto a campaña percorreu 163 centros educativos, 43 asociacións, 28 centros comerciais, dez eventos deportivos e tres campamentos.

A iniciativa está impulsada pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio en colaboración con Sogama e Ecoembes e pretende "incrementar as taxas de reciclaxe na Comunidade galega".

Así, as accións foron adaptadas aos distintos perfís sociais e estaban enfocadas en informar os cidadáns sobre "boas prácticas" vinculadas á xestión sustentable dos residuos domésticos.

Deste xeito, proporciónanse pautas para minimizar a creación de residuos en base dun consumo responsable, alongar a vida útil dos produtos a través da súa reutilización ou a súa correcta separación para ser depositados no seu correspondente colector.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta