O SUP se querela contra o inspector xefe da Policía Autonómica en Vigo por suposta falsidade documental

O Sindicato Unificado de Policía (SUP) en Galicia querelouse contra o inspector xefe da Policía Autonómica en Vigo por un presunto delito de falsidade documental ou de estafa, despois de que tivese un accidente cun vehículo policial e supostamente apuntase no parte de danos un "lugar e hora diferentes".

VIGO | 23/03/2017 | Actualizada ás 20:00 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Sindicato Unificado de Policía (SUP) en Galicia querelouse contra o inspector xefe da Policía Autonómica en Vigo por un presunto delito de falsidade documental ou de estafa, despois de que tivese un accidente cun vehículo policial e supostamente apuntase no parte de danos un "lugar e hora diferentes".

Segundo trasladou o SUP a Europa Press, en xaneiro de 2016 chegou ao local do sindicato un sobre anónimo cun DVD cun vídeo no que se ve que o inspector accede ao vehículo policial na comisaría e, "segundos máis tarde", choca contra un turismo da súa propiedade, estacionado en batería ao seu lado dereito.

Ante a "sospeita de que puidese falsificar o parte", o sindicato pediu información sobre os sinistros que tivo o vehículo en 2015, e confirmou que había un parte do mesmo día "por rozadura en lateral dereito producido cando saía dun paso estreito dunha leira na parroquia de Lira do Concello de Salvaterra de Miño, ao golpear cun poste oculto pola vexetación".

Por estes motivos, o SUP presentou unha querela, que o pasado 3 de febreiro foi admitida a trámite. Así, o Xulgado de Instrución número 1 de Vigo citou ao inspector na mañá deste xoves para que prestase declaración no marco deste procedemento.

Fontes do sindicato comunicaron a Europa Press que o axente recoñeceu en sede xudicial que tivo o golpe diante da comisaría, aínda que engadiu que unhas horas despois tivo outro noutro lugar e, como os danos "eran os mesmos", só deu parte dun dos golpes.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta