A UVigo rexistrou en 2016 a súa marca en solicitudes de patentes, con 28, e acumula un total de 203 patentes concedidas

A Universidade de Vigo (UVigo) rexistrou en 2016 a súa cifra marca de solicitudes de patentes, co trámite dun total de 28; 15 delas nacionais, sete de extensión internacional PCT, tres europeas e outro tres internacionais con países como Estados Unidos.

VIGO | 24/03/2017 | Actualizada ás 19:24 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Universidade de Vigo (UVigo) rexistrou en 2016 a súa cifra marca de solicitudes de patentes, co trámite dun total de 28; 15 delas nacionais, sete de extensión internacional PCT, tres europeas e outro tres internacionais con países como Estados Unidos.

Patentes UVigo
Patentes UVigo | Fonte: Europa Press

Segundo informou a universidade, o número de solicitudes presentadas en 2016 supera os seus mellores rexistros ata o momento, coas 27 solicitudes realizadas nos anos 2009 e 2014. Ademais, despois de que o pasado ano se lle concedesen 19 patentes, a institución académica acumula 203 patentes.

Entre as patentes solicitadas en 2016 inclúese un procedemento para o diagnóstico de procesos de desmineralización dental mediante o uso de espectroscopia Raman; dous procedementos de tratamento de madeira baseados na utilización de encimas industriais; e novos sistemas de unión para estruturas metálicas.

Aínda que a maioría das patentes solicitadas en 2016 son 100% viguesas, algunhas comparten titularidade con outras entidades, como é o caso dun proxecto coa Universidade de Oviedo baseado na utilización de drons con técnicas innovadoras para detectar obxectos enterrados no chan.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta