Temas: BNG

O BNG “corrixirá o que haxa que corrixir” para obter un “maior apoio electoral”

O plenario da XVI Asemblea Nacional do Bloque ábrese hoxe no Palexco coruñés.

Por E.P. | A CORUÑA | 25/03/2017 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

O secretario de Comunicación do BNG, Rubén Cela, asegurou este sábado, horas antes de que comece a XVI Asemblea Nacional do BNG na Coruña, onde 35 anos atrás naceu este partido, que a organización política á que pertence "corrixirá o que haxa que corrixir" para lograr ser "máis útil", ter unha maior "incidencia práctica" e obter un "maior apoio electoral".

Reunión do BNG con delegaciones doutros partidos que acoden á Asemblea
Reunión do BNG con delegaciones doutros partidos que acoden á Asemblea | Fonte: Europa Press

En concreto, o plenario da XVI Asemblea Nacional do Bloque ábrese ás 17.00 horas deste sábado no Palexco coruñés, despois de que os participantes, unhas 2.400 persoas, recollan as súas acreditacións.

"Imos debater intensamente ao longo deste fin de semana sobre en que aspectos acertou o BNG ao longo destes anos, que hai que seguir profundando, e sobre cales hai que mellorar ou corrixir", explicou Cela.

Isto, continuou, comezará este sábado pola tarde co debate de 296 emendas ás teses asambleares. "Ningunha é á totalidade nin hai ningún voto particular", subliñou o secretario de Comunicación do BNG, feito que demostra, na súa opinión, o "bo clima interno" do que goza actualmente o Bloque.

Cela espera que esta asemblea sirva como "auténtico punto de inflexión" para "reforzar cuestións fundamentais", como que en "Galicia ten que seguir existindo unha expresión política propia do nacionalismo sen ningún tipo de atadura con ningún ámbito estatal", así como que o nacionalismo "só se deba ao pobo galego".

Deste xeito, sinalou Cela, esta Asemblea Nacional é o "inicio" dun "proceso de relanzamento e reforzamento do proxecto nacionalista en Galiza", que estará acompañado dunha "substitución xeracional", o cal xa comezou hai un ano, agregou, coa elección de Ana Pontón como portavoz nacional.

Estas declaracións tiveron lugar nun encontro previo con representantes das organizacións políticas e entidades convidadas á súa XVI Asemblea Nacional baixo a lema 'Solidariedade internacionalista, soberanía dos pobos'.

Cela, xunto con Montse Prado e Néstor Rego, ambos responsables da área de Internacional, foron os encargados de recibir ás delegacións convidadas a este encontro previo, que contou, entre outros con representantes do PNV, Bildu e Esquerra Republicana.

Tamén houbo unha ampla representación das forzas de esquerda lusas —Bloco de Esquerdas e PCP—, e doutros territorios de Europa, incluíndo, por primeira vez, á formación de esquerdas de Alemaña Die Linke. Igualmente, representantes do pobo Palestino, de Kurdistán, do Sahara e dos consulados de Cuba e Venezuela.

Temas: BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

1 nostrus

Pues si esta dispuesto a corregir lo que haga falta que empiece por poner los pies en la tierra y observar la realidad gallega, que aparque sus manias y supersticiones y se dedique a trabajar por el bien de Galicia para que sus ciudadanos esten cómodos y vivan lo mejor posible, en vez de dedicarse a que vivan del modo que diseña el nacionalismo.

1 Kollontai luguesa

Ata que lles deixastes, unidos en pinza con la chachiguaypandi de certa progresía xa tiñan avanzado bastante: banco de terras, concurso eólico que favorecía o tecido empresarial propio. Proevos na rama centro dereita e na rama centro esquerda do gran partido centrista-centralista-centrado que constituídes os da "nova política", pero é así. Ou non comunista in?????depentista?

2 Xonc

Tés exemplos en Pontevedra, Allariz, Poio (Combarro)..etc de como goberna o BNG cando lle deixan. Busca cidades ou vilas igual ou mellor gobernadas... tic tac tic tac

3 Partidas e Partidos

Kollontai, gostava mais de ti quando eras Nefelibata! Banco de terras light (retirado o plano inicial para não incomodar), concurso eólico que dana os interesses do corunhesismo (mas, inocentes, seguimos subsidiando La Voz) e favorece os do capital risco (avalistas dos planos das cooperativas)? Em verdade, hai exemplos melhores! Bem, Nefelibata era mais forofa e igual de curta! Quantos famentos do bipartito! Quantos falsários!