O PSOE perde a Alcaldía de Sobrado (A Coruña) tras materializarse a moción de PP e independentes

A nova alcaldesa, con dous concelleiros, ofrece aos socialistas colaborar no labor de goberno

A CORUÑA | 28/03/2017 | Actualizada ás 15:07 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O PSOE perdeu a Alcaldía de Sobrado (A Coruña) tras materializarse este martes a moción de censura presentada polo PP e Todos por Sobrado e pola que, finalmente, saíu elixida como nova alcaldesa, María Jesús Souto, cuxo grupo municipal conta con dous edís fronte ao tres dos populares e o catro do grupo socialista.

O PP e Todos por Sobrado presentaron a moción de censura neste concello coruñés apelando, entre outras cuestións, ao incumprimento de acordos plenarios. Este é o mesmo argumento que mantiveron nunha sesión plenaria á que asistiron tamén veciños da localidade.

Fronte á denuncia de "intereses ocultos" detrás da moción por parte do ata agora rexedor, o socialista Lisardo Santos, a nova alcaldesa, María Jesús Souto, de Todos por Sobrado, asegurou que o acordo co PP non obedece a "unha cuestión política" vinculando a moción ao día a día da actividade municipal.

OFERTA DE DIÁLOGO

Tamén ofreceu diálogo ao grupo socialista. "Espero que isto sexa un equipo", dixo tras o pleno en declaracións a Europa Press. "Agora somos dous equipos -engadiu sobre a súa formación e sobre o PP- e espero que tamén se integre o grupo socialista", engadiu apelando a promover no concello a colaboración por parte dos distintos grupos.

De novo e, fronte ao argumento do exalcalde para quen se trata de romper coa "vontade democrática, expresada a través das urnas", a nova alcaldesa insistiu en que non había "diálogo" por parte do ata agora alcalde. "Non se facilitaba documentación, nin se cumprían os acordos plenarios", engadiu.

En canto á repartición de competencias, sinalou que esa cuestión aínda non está concretada co PP e que, no seu caso, espera compatibilizar o seu cargo de alcaldesa coa súa actividade profesional. Pola súa banda, o xa portavoz do grupo socialista instou á rexedora a que a primeira reunión que celebre sexa con esta formación.

"Tendinlle a man, pero non se cando será", dixo sobre este posible encontro. Por parte, Lisardo Santos, ao que arrouparon outros alcaldes e edís como os de Mesía, Bergondo e Betanzos, atribuíu a moción ao obxectivo de quitar o executivo aos socialistas. "Temían que gañásemos as próximas eleccións por maioría", apostilou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta