Fegamp e aparelladores asinan un convenio para impulsar bolsas de prácticas nos concellos galegos

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e o Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos ratificaron este mércores un acordo para a posta en marcha de bolsas de prácticas nos concellos galegos.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2017 | Actualizada ás 19:54 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e o Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos ratificaron este mércores un acordo para a posta en marcha de bolsas de prácticas nos concellos galegos.

A través dun convenio, as entidades locais que o desexen, poden ofertar unha praza de formación nesta área, que se cubrirá con aparelladores que se atopen en situación de desemprego.

O presidente da Fegamp e alcalde do Barco de Valdeorras (Ourense), Alfredo García, asinou o documento de colaboración co presidente do Consello, Pelayo Eyo Valladares. Por parte do Consello tamén asistiron á firma o seu secretario, Luís Bernárdez; o portavoz, Ignacio de Juan Frigola, e o tesoureiro, Javier Núñez.

Segundo o compromiso adquirido por ambas as entidades, as bolsas de prácticas serán remuneradas e terán unha duración máxima de seis meses. O obxectivo do convenio é dobre: permitir aos concellos contar cunha incorporación profesional na área de arquitectura técnica e que o beneficiario adquira experiencia no traballo diario do ámbito municipal.

O acordo entra este mesmo mércores en vigor e será a Fegamp quen o difunda aos 313 municipios, para que se unan os que estean interesados.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta