Temas: PPDEG

Piden 3 anos de prisión para unha ex-deputada

María José Caldelas foi parlamentaria do PPdeG e esposa de José Manuel Baltar.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 03/04/2017 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

O 5 de xullo haberá un xuízo en Ourense pola reforma do pub Seven. Os antigos donos acusan a María José Caldelas de falsificar a súa sinatura. Por iso pídenlle tres anos de cadea por dous presuntos delitos de falsificación documental.

María José Caldelas na imaxe de perfil do seu Twitter
María José Caldelas na imaxe de perfil do seu Twitter

Segundo informa Economía Digital citando a edición local da Voz, Caldelas está acusada de falsificar as firmas dos antigos propietarios para pedir as licencias de obras ao Concello coas que reformar o local e acondicionalo para o ocio nocturno.

O Seven era unha cafetería pero estivo funcionando como local de noite até que o Municipio descubriu o suposto mal uso do local. Era frecuente que este pub da Praza das Mercedes acollera as celebracións das constantes vitorias electorais do PP.

Esta non é o único conflito de permisos no que está involucrada a ex-parlamentaria. Outro local da súa copropiedade, a cafetería La Central, está no punto de mira do Concello dende hai anos. 

Esta situado nunha concesión pública no Xardín Xaponés e foi cedido a unha empresa na que participa a ex-deputada, malia que a Lei prohibe expresamente a cesión sen permiso deste tipo de concesión. Malia a súa céntrica ubicación, paga un canon irrisorio, que non se renova dende metade do século XX, 1968. Un informe da Policía Local indicou recentemente que o negocio funciona vulnerando varias normativas.

Temas: PPDEG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 chas

raro----raro....raro,,,

2 Fiodorico

Unha famiglia exemplar. O sogro inhabilitado, o seu home procesado por pedir sexo a cambio de traballo, e agora isto. Auténtico Partido Popular

1 Fernando G.

Xestión baltarista...