Que pasa en En Marea?

A formación que lidera Luís Villares está dividida. Por un lado, unha fronte ampla de mareas e colectivos e, pola outra, formacións de corte clásico. Pero, na raíz do problema subsiste un problema de liderato e de orientación deste amplo movemento político.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 05/04/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

En Marea está dividida e, case á metade. Pero é difícil de entender –e máis de explicar-- como a formación chamada a marcar un tempo político en Galicia se atopa nesta situación cun líder cuestionado, unha coordinadora na que non quixo estar un sector importante e cos principais rexedores das mareas no bando contrario ao do líder deste conglomerado de formacións políticas.

Vista xeral do auditorio na celebración da Marea Constituínte en Vigo
Vista xeral do auditorio na celebración da Marea Constituínte en Vigo | Fonte: Marea Atlántica.

Pero, para entender este quebracabezas hai que ir por partes. E a primeira parte comeza cando o sector que agora está enfrontado ao actual líder da formación, Luís Villares, foi o que o presentou e o defendeu como candidato á Xunta. Pero que pasou para que se dera un xiro de 180º nestas posturas iniciais?.

Para iso hai que ir á segunda parte; aquela na que Villares comezou a exercer como líder parlamentario e comezou a configurar un grupo propio de xente. Foi entón cando comezaron as diverxencias con algunhas grandes mareas, principalmente, coa Marea Atlántica e con distintas formacións políticas, nomeadamente, Anova e EU. Unhas diferencias que se acrecentaron pola intención de Villares de presentarse como coordinador de En Marea, en contra da posición de moitos dos socios que o defenderan desde o primeiro momento.

Foi entón cando se tentou chegar a consensos dentro do colectivo Máis Alá que foi o que obtivo o 55% dos votos na pasada asemblea de Anova, un colectivo formado por xente moi variada pero nucleado en torno á Marea Atlántica, Anova e un sector menor de Podemos e Esquerda Unida, que, ademais, contaba coa presenza de xente do Foro Galego e outras mareas menores.

Luís Villares, respaldado por outras listas

E de aí pásase á terceira fase, que é a actual, na que, Luís Villares é o actual coordinador de En Marea pero co respaldo, sobre todo, das outras dúas listas que saíron desa asemblea, e que non eran a súa; Queremos Participar e Somos Quen. E como se chegou a esa situación?

Luís Villares, Davide Rodríguez e Xosé Manuel Beiras nun mitin
Luís Villares, Davide Rodríguez e Xosé Manuel Beiras nun mitin | Fonte: En Marea

Hai semanas que dentro de Máis Alá se discute a fórmula para chegar a un consenso dentro da coordinadora, sobre todo, no relativo a evitar que Villares asumira o liderato da coordinadora de En Marea e a portavocía na Cámara. Unha cuestión na que coincidían tanto o propio Villares, como o histórico dirixente nacionalista, Xosé Manuel Beiras. Sen embargo, ese punto, xunto co da proporcionalidade na lista final, supuxo un atranco definitivo.

As relacións entre Villares e unha parte da súa lista co resto da candidatura eran prácticamente nulas desde hai semanas. De feito, un sector importante de Máis Alá acusa a Villares de estar detrás da presentación da candidatura de Somos Quen, con xente de Anova. “Unha táctica para tentar forzar cambios dentro da permanente desta lista”, apuntan a GC fontes consultadas. 

Unha afirmación que negan rotundamente desde o sector de Villares. “O que pasa é que hai un sector de En Marea que quere impoñer as decisións manu militari”, suliñan. Unha clara alusión a un sector concreto de Anova e da Marea Atlántica. 

Duras negociacións

E con estas divisións chegouse ao pasado venres no que afins a Villares presentaron un documento e unha proposta de lista (pódese consultar no GC Plus). Nesa proposta a porcentaxe era sete para Máis Alá, tres para Queremos Participar e un para Somos Quen. Parecía que ía haber acordo pero, finalmente, non foi así. A Marea Atlántica foi rotunda na súa negativa a que Villares asumira a portavocía de En Marea.

Nin tan sequera a mediación de Xosé Manuel Beiras, segundo as fontes consultadas, serviu para cambiar o choque de trens. “Beiras tentou convencer á nova direccion de Anova para que apoiaran a proposta de Villares, pero sen conseguilo”, suliñan.

Así que se chegou ao sábado con outra proposta enriba da mesa. Villares tería proposto outra nova lista de sete nomes de Máis Alá coa presenza de Iago Martínez, da Marea Atlántica; Rafa Dopico, de Anova e Noemía Prados, de Esquerda Unida. Pero tampouco foi aceptada esta proposta. “Ao final, o problema era que nin tan sequera querían que fora unha lista proporcional como recollen os propios estatutos”, engaden fontes afíns a Villares. “A cuestión é que Luís viña xa cunha proposta pechada e incumprindo os acordos previos de Máis Alá”, apuntan desde o outro sector.

En todo caso, e logo dun longo debate, o pasado domingo, un sector de Máis Alá decidiu non participar dunha lista de consenso. Nese sector está a Marea Atlántica, Ourense en Común, Esquerda Unida e parte de Anova e de Podemos --sector errejonista--. Outra parte de Podemos –afín a Carmen Santos-- e de Anova –a que lidera Davide Rodríguez--, así como xente do Foro Galego, de Cerna e representantes de mareas locais de cidades e vilas apoiaron a candidatura de Villares.

A partir de agora ábrese outro novo capítulo neste longo desencontro, un capítulo que xa comezaron algúns alcaldes, nomeadamente o da Coruña. Xulio Ferreiro adveritu que a elección da coordinadora de En Marea "rompe unha lista de consenso e confluencia", ademais de excluír "sensibilidades maioritarias”.  Un claro aviso de que hai un sector que non acepta a esa nova coordinadora e que seguirá dando batalla.

Martiño Noriega e Xulio Ferreiro
Martiño Noriega e Xulio Ferreiro
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 61 comentarios

15 Eudogio

A culpa é do BNG.

14 Mareante

As cúpulas dos partidos non conseguiron todo o poder e agora queren poñer en xaque todo o proceso. A nova coordinadora de Anova, a cúpula da Marea Atlántica, a de Esquerda Unida e a parte errejonista de Podemos queríano todo e non aceptaron o resultado das eleccións. Agora queren rachar o xoguete e volver a unha fórmula de coalición onde volvan mandar eles. Nunca quixeron que En Marea funcionara. Víchedes algunha asemblea de En Marea en funcionamento?

13 eus

canta razón tes, temos 5 deputados en Medrid a velas vir facendo política podemita e sen una soa iniciativa para defender o pais

1 Kollontai luguesa

Temos o que merecemos. Máis ben o que merecen os que os votaron. Gozádeo, desfrutádeo... A mágoa é o inmenso dano que estades a facer á esquerda e ao nacionalismo galego de quen vos convertestes nos seus enterradores... Pero non lograstes acabar coa idea que xermola nas nosas almas e alenta no noso peito. Habedes de pasar a historia coma o que fostes e coma o que sodes na actualidade: uns trapalleiros. Grazas por outra vitoria máis con maioría absoluta para o PP.

2 comunista independentista

Kollona, os que enterráchedes o nacionalismo galego fostes os do Bloque por querer representalo en exclusividade, e os que enterráchedes o Bloque fostes os da UPG-MGS polo mesmo. Non sexades cobardes, asumide a vosa responsabilidade e deixade de culpabilizar a outros co voso vitimismo de sempre.

12 JA_JA_JA_ME_PARTO

O verdadeiro culpable foi o que estivo argallando pra enchufar no Consello a Consuelo Martinez e a Mario Lopez-Rico despóis do que fixeron. Punto e final.

11 Galego

Resumidas contas, Podemos e EU non eran ninguén en Galicia pero amablemente estes roturistas abríronlle a porta e regalánronlle os votos nacionalistas a cambio de postiños con promesas imposibles e bos eslóganes e terminaron dándolle o goberno autonómico a Feijoo outra vez e a Rajoy o estatal ainda por riba eliminaron toda presenza autónoma galega no parlamento en Madrid.Canarias cun deputado nacionalista consegue o dobre de inversions que os 5 fantásticos mareados do grupo confederado galego que defenden os intereses dos todos menos dos galegos.

1 comunista independentista

Concordo co de lle chamar ao Bloque "presenza autónoma". Máis autonomistas e presenciais non puideron ser en 20 anos.

2 Galego

Si claro con dous deputados en Madrid e arredor dun 1% de poboación que apoia a secesión , o BNG tiña que haber declarado a independencia unilateral.

3 galego coma ti

Galego, aclarate paspan: o deputado "nacionalista" canario apoia a Raxoi, apoia ao Partido Podre! Igual que no seu momento fixo CiU, amiga do BNG! E outro amigo, o PNV vai agacharse e facilitar os orzamentos do Partido Podre! Non sei se para facilitar a entrada os do BNG lle ides aguantar o rabo? Ridiculo, venderse ao mellor postor, o argumento do BNG! Asi foi co PsoE, que non quixo a Podemos e si a Ciudadanos, que preferiu votar polo PP a apoiar a Pedro Sanchez! Podemos son teatro, o BNG son vendidos e mentirosos!

4 Galego

Eu son paspan e ti un paspán en primeiro lugar, o que quero evidenciar có meu comentario é a importancia de tomar as propias decisión sen dependencias, de cando en vez hai que pensar núns mesmos como fai o PNV que non santo da miña devoción pero sempre barren pa casa e dalles igual un cá outro. Según ti temos que regalarlle os nosos impostos os demáis e non loitar polo que nos pertence. Vai agacharse o PNV jajajajaja o que vai a axeonllarse e bicar os pés dos vascos e cataláns vai ser Rajoy se quere sacar os presupostos. Madrid, Catalunya e Euskadi gañan, Galiza perde esa é a realidade.

5 Galego coma ti

Paspan, con Raxoi, co PP no poder perdemos TODOS os de abaixo! TODOS paspanciño, incluidos os bascos e os catalans (mira o discurso do portavoz de ERC hoxe nas Cortes). Claro que hai paspans que acreditan nos regalos entregaos aos que se venden, tamen podes acreditar en Feixoo, que hoxe dixo sentirse feliz e orgulloso cos orzamentos e o que lles toca aos galegos. Con xente coma ti os do BNG facedeslle a campaña ao PP! Parabens paspanciño!

6 poltronas-boys loves CxG

Entón defendes que Galiza, no lugar dun grupo parlamentar de 5 deputados anticapitalistas e soberanistas de esquerdas, teña tan só un deputado "nacionalista" de dereitas coma os canarios de NC pra así "conseguir máis inversións" vendéndose ao Pp? Dixéralo antes, ho! Entón nas vindeiras xerais o que tedes que facer os 44 mil que aínda votades BnG é votar por CxG. Olla tí que doado.

7 Galego

Siiiiiii jajajajajajajaja gobernades para o 99% dos dabaixo, o resto é casta, imos mudalo todo bla bla bla. A dereita española e a esquerda sempre discriminaron a Galiza, ninguén pide regalos se non o que nos corresponde, menudo fato de parvos estades feitos, non sodes diferentes de Feijóo para Galicia , moito discurso e eslogan anticapitalista pero os feitos delatanvos, os de abaixo dis???? Non me fagas rir ide a unha charla a Complutense a que vos digan una novos eslogans pra conseguir uns votiños máis.

8 Galego

A ver GALEGO COMA TI aclárate ti, ERC e o aliado de CIU en Catalunya entón tampouco vale de exemplo de nada pois CIU é o socio do PP, sodes de escachar a rir, e inda por riba ven o outro a dicir " 5 deputados anticapitalistas soberanistas de esquerdas" desta frase o único certo e que son 5 deputados jajajajajajaja que montan un subgrupo confederado de palmeiros que premen o botón que se lle indica de antemán.