Os historiadores da arte denuncian “intrusismo, explotación laboral e banalización de contidos”

Os profesionais alertan da "preocupante situación que presenta a salvagarda e difusión do Patrimonio Histórico-Artístico no noso país" e piden regular e profesionalizar as actividades relacionadas coa protección e divulgación do patrimonio cultural.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 19/04/2017 | Actualizada ás 11:21

Comparte esta noticia

Co gallo da celebración do Día Internacional dos Monumentos e Sitios promovido polo ICOMOS, a Asociación Profesional Española de Historiadores del Arte (Aproha) impulsou este martes unha xornada reivindicativa dos profesionais da Historia da Arte, agrupando a un numeroso colectivo de toda España, que realizaron diversas actividades co apoio do citado organismo internacional. A Sección de Historia da Arte (Sehag) do Ilustre Colexio de Doutores e Licenciados en Filosofía, en Letras e en Ciencias de Galicia (CDLG) en colaboración co Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela (USC) secundaron a convocatoria, acollendo o evento en Galicia.

Juan Monterroso da lectura ao manifesto promovido por Aproha e secundado pola Sehag
Juan Monterroso da lectura ao manifesto promovido por Aproha e secundado pola Sehag | Fonte: SEHAG.

O colectivo profesional da Historia da Arte, a través da lectura do manifesto promovido por Aproha, deu a coñecer á sociedade a "preocupante situación que presenta a salvagarda e difusión do Patrimonio Histórico-Artístico no noso país, no que atinxe á súa inadecuada regulación e á inexistencia de controis sobre a calidade e profesionalización das actividades realizadas en torno aos bens culturais que o conforman, caracterizadas polo intrusismo profesional, a explotación laboral ou a banalización dos contidos difundidos".

As actividades realizadas en Galicia, organizadas pola Sehag, tiveron o seu punto álxido cando o director do departamento de Historia da Arte da USC, Juan M. Monterroso Montero, deu lectura o manifesto de Aproha para os asistentes á xornada en Santiago de Compostela. Nesta ocasión, dado que o Día Internacional dos Monumentos e Sitios se adicaba ao Patrimonio Cultural e o Turismo Sostible, o manifesto de Aproha incidía particularmente na "necesidade de regular e profesionalizar as actividades en torno ás visitas culturais e turísticas, a través da participación daqueles profesionais competentes no coñecemento, estudo e valoración dos bens culturais que forman parte das mesmas, destacando o caso dos Historiadores da Arte".

Posteriormente, investigadores e investigadoras da USC realizaron visitas guiadas pola cidade de Santiago de Compostela.

SITUACIÓN "PREOCUPANTE" EN GALICIA

A Sehag sinalaba na súa convocatoria para Galicia que a situación na noso país resulta "especialmente preocupante", xa que "non existe ningunha normativa que regule a actividade dos historiadores da arte e a súa relación cos bens culturais obxecto de estudo, como sí sucede con profesionais de sectores afíns coma a arqueoloxía ou o turismo", denuncuan.

Visitas guiadas polas igrexas de Compostela
Visitas guiadas polas igrexas de Compostela | Fonte: SEHAG.

Así, lembran que "a Lei 5/2016 de patrimonio cultural de Galicia -para a cal a Sehag presentou varias alegacións que non se tiveron en consideración- pasou por alto estas cuestións e o Decreto 73/2015 polo que se regula a profesión de guía de turismo en Galicia excluía aos profesionais da historia da arte da posibilidade de acadar a habilitación, o que supón un agravio comparativo a nivel nacional, dado que noutras comunidades autónomas coma Andalucía, cando menos, existe a opción da validación administrativa directa".

A xornada reflectiuse tamén nas redes sociais a través da campaña "Autoexplícate un Monumento" cos cancelos #sonhistoriadordaarte e #soyhistoriadordelarte. Mediante a mesma, Aproha e Sehag convidaron a realizar "selfies" ou vídeos con carteis realizados para a ocasión reivindicando o dereito dos historiadores da arte a explicar os monumentos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Jose

Entiendo por el manifiesto que lo que realmente se quiere es la regularización académica de las practicas en las visitas guiadas del ámbito turístico para que se tenga el respeto pertinente al patrimonio, pero parece que se está dando a entender que los historiadores del arte son los que deben realizar estas visitas, cuando esto no es lo correcto. Deberíamos participar para la realización correcta de las visitas, pero estas deberían realizarse en todo momento por los profesionales competentes. Es probable que haya profesionales que no realicen correctamente su cometido, sin olvidar a los que lo hacen ilegalmente. Sin embargo, siguen existiendo buenos profesionales que realizan su oficio con respeto al patrimonio.

2 Jose

Estoy de acuerdo en que debemos defender la correcta divulgación del patrimonio, ya que el mayor peligro para el patrimonio es, sin duda, el desconocimiento. Sin embargo, no estamos formados para realizar visitas guiadas en el ámbito turístico, por lo que eso podría entenderse como intrusismo laboral hacia los profesionales que están debidamente formados en este campo. Contra lo que deberíamos luchar es contra los guías que ejercen el oficio sin acreditación y sin la formación pertinente que, una vez denunciados, se les inhabilita. No me parece mal que necesitemos realizar algún tipo de formación u oposiciones para estar suficientemente formados como para realizar el oficio como es debido.

1 Jose

Soy historiador del arte y estoy de acuerdo con que contamos con el suficiente nivel formativo para tratar teóricamente una obra patrimonial desde el punto de vista histórico-artístico. Sin embargo, no contamos con la formación pertinente para organizar una visita guiada ni para explicar monumentos ni demás manifestaciones del patrimonio adaptándolas a los diferentes tipos de persona (niños, ancianos, extranjeros, etc.), para lo cual si se forman a profesionales en diferentes ciclos y grados de turismo. (continuar en el siguiente comentario)