A Xunta asume as competencias municipais sobre inspección urbanística transferidas por Cervantes (Lugo)

Mediante este acordo, cuxa orde publica este mércores o Diario Oficial de Galicia, o concello delega na APLU o exercicio destas competencias en relación coas obras e usos do chan que se realicen sen licenza urbanística ou sen axustarse ás condicións.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2017 | Actualizada ás 13:12 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) comezará a exercer as competencias municipais sobre inspección, supervisión, control e reposición da legalidade urbanística transferidas polo Concello de Cervantes (Lugo), mediante un convenio de adhesión asinado entre a Consellería de Medio Ambiente e a administración local.

Mediante este acordo, cuxa orde publica este mércores o Diario Oficial de Galicia, o concello delega na APLU o exercicio destas competencias en relación coas obras e usos do chan que se realicen sen licenza urbanística ou sen axustarse ás condicións.

Así mesmo, isto producirase a condición de que se desenvolvan en chans catalogados como rústicos ou non urbanizables en calquera das súas categorías, urbanizables ou aptos para urbanizar, mentres non sexa aprobado o correspondente plan; así como en núcleos rurais.

Por outra banda, a Xunta informou este mércores da adhesión á APLU do Concello de Teo (A Coruña).

Este organismo público é de natureza consorcial e ten encomendada a función de control e disciplina urbanística en Galicia. As súas principais actuacións son a asistencia técnica e xurídica aos concellos adheridos e a formación e concienciación cidadá, co fin de que os operadores xurídicos e técnicos, así como a cidadanía en xeral, estean formados en valores proteccionistas do patrimonio natural.

Tamén se inclúe a tramitación de expedientes de reposición da legalidade urbanística e sancionadores, e a protección da servidume de protección do dominio público marítimo terrestre.

O número total de concellos adheridos á APLU ascende a 66, dos que 24 están na Coruña, 20 en Ourense, na provincia de Lugo 11 e outros 11 na de Pontevedra. En total suman suman 5.269 quilómetros cadrados, o que se traduce nun 17% da superficie total de Galicia.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta