Os do Festival de Pardiñas piden a túa colaboración

Xérmolos, a asociación organizadora do popular festival de Pardiñas, pide axuda. Non para eles, se non para transformar a casa do poeta Díaz Castro nunha “Casa da Xente”. Vídeos no interior.

Por GC Tendencias | Guitiriz | 20/04/2017 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

Para tal fin, os de Guitiriz lanzaron unha campaña de micromecenado en Goteo.org. Dende 15 euros pódese colaborar na restauración da casa natal do literato.   

Socios de Xérmolos, organizadores do Festival de Pardiñas
Socios de Xérmolos, organizadores do Festival de Pardiñas

Nos vindeiros 40 días Xérmolos buscan recadar algo menos de 24.640 euros cos que poder iniciar os primeiros traballos. En tres días xa recadaron máis de 1.000 euros.

Os cartos serán adicados ás necesidades máis urxentes do inmóbel, como pórlle un teito. O obxectivo final sería crear un museo para conservar o patrimonio do poeta e doutros creadores da zona. Asemade, Xérmolos pretende que sirva para realizar actividades culturais e pousada de creadores, un lugar no que poder acoller a artistas co que dinamizar a vida cultural da Terra Cha. 

Casa do poeta Díaz Castro
Casa do poeta Díaz Castro | Fonte: goteo.org
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta