A Xunta lamenta o falecemento do historiador Antonio Erias Roel

A Xunta de Galicia mostrou o seu pesar polo falecemento do historiador, investigador, escritor e catedrático Antonio Eiras Roel, e estende as condolencias á súa familia.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2017 | Actualizada ás 21:40 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia mostrou o seu pesar polo falecemento do historiador, investigador, escritor e catedrático Antonio Eiras Roel, e estende as condolencias á súa familia.

Segundo lembrou nun comunicado, Eiras Roel foi catedrático de Historia moderna durante corenta anos e, baixo o seu maxisterio, formáronse varias xeracións de historiadores galegos e procedeuse á modernización da investigación histórica ao introducir en España a corrente metodolóxica francesa dos Annales.

A Xunta quixo facer un recoñecemento público da profunda implicación de Eiras Roel nos ámbitos cultural, social e universitario, e destacou a súa relevante contribución como estudioso da historia política do século XIX, con importantes obras que profundan na estrutura rural, económica, institucional e demográfica e, xa nos anos noventa, centrado nos fenómenos migratorios.

Cronista de Galicia, foi tamén membro da Real Academia da Historia, da Société d' Histoire Moderne de París, e fundador da Asociación Española de Historia Moderna, entidade que agrupa aos modernistas españois. No ano 2000 foi galardoado co premio Antonio López Ferreiro de Investigación.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta