A Xunta reparte a dedo máis de 2,4 millóns en convenios entre certos medios

Incumprindo o mandato do Parlamento, o Goberno segue a subvencionar á prensa sen pedir o mantemento do emprego estábel. La Voz, cun 33%, é o máis favorecido polos convenios, que moitas consellerías tentan ocultar violando flagrantemente a Lei de Transparencia.

Por Walter Burns | O Irixo | 09/03/2010 | Actualizada ás 23:12

Comparte esta noticia

A Xunta entregou a dedo máis de 2,4 millóns de euros aos medios de comunicación mediante convneios no ano que Feijóo leva no poder. Así o proban o texto de todos os acordos entre as empresas e o Goberno conservador, aos que tivo acceso Galicia Confidencial.

None

O Executivo entrega tal nivel de axudas sen control malia que a práctica totalidade de cabeceiras despediu ou reduciu os salarios dos seus redactores. É dicir, os empresarios apañan subvencións a dedo que están a empregar para facer reducir o cadro de persoal e facer máis precarias as condicións laborais.

O reparto por grupos de comunicación é o seguinte, en orde polo que máis cobra:

  1. Grupo Voz (La Voz de Galicia, Radio Voz, Fundación Santiago Rey):866.942 euros en 8 convenios, o 33% do total.

  2. Prensa Ibérica (Faro de Vigo e La Opinión da Coruña): 421.404 euros en 6 convenios, o 18%.

  3. Grupo El Progreso (El Progreso de Lugo e Diario de Pontevedra): 360.950 euros en 6 convenios, o 15% do total.

  4. Editorial Compostela (El Correo Gallego, Galicia Hoxe, Radio Obradoiro, Correo Televisión): 319.186 euros en cinco convenios, o 13% do total.

  5. La Región: 220.000 euros en dous convenios, o 9% do total.

  6. Editorial La Capital (Diario de Ferrol, El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños): 67.869 euros en dous convenios, o 3 %.

  7. ABC: 47.500 euros en dous convenios, o 2%.

  8. El País edición Galicia: 25.000 nun convenio, o 1% do total.

  9. Cadena Cope: 31.773, o 1%

  10. Cadena Ser: 16.100, o 1%.

  11. Onda Cero: 20.880, o 1%.

  12. SI Galicia Radio: 10.000, menos do 1% do total.

A suma de todos os convenios cos medios primeiro ano de Executivo Feijóo é de, polo menos, 2.407.594 euros. O ritmo dos conservadores na concesión destas axudas aos medios é similar ao do bipartito, que en dous anos e medio repartira máis de seis millóns.

Nin un peso para Xornal, Vieiros e ANT

Respecto ao anterior Goberno, é evidente a ausencia ou total desaparición de convenios cos medios de liñas editoriais nacionalistas, Xornal de Galicia, Vieiros e A Nosa Terra. Unha mostra máis do criterio totalmente subxectivo destas subvencións.

Reparto segundo o capricho de cada consellería

A diferencia das axudas polo galego a través do DOG, os convenios dependen do criterio de cada conselleiro. Non hai concurso, nin criterios obxectivos publicados para o seu reparto. Tal grao discrecionalidade ten desatado as críticas tanto do Consello de Contas como do Colexio de Xornalistas e do Sindicato de Xornalistas de Galicia, e do mesmo PPdeG cando estaba na oposición.

Violación pública da Lei de Transparencia

As únicas obrigas legais é publicar os acordos no Diario Oficial de Galicia, nas webs de cada consellería e no Rexistro Central de Convenios. Así o establece a Lei de Transparencia ditada polo bipartito.

Porén, case todas as consellerías e entes públicos violan sen pudor algún dos puntos da Lei de Transparencia, particularmente a obriga de publicar os convenios nas súas webs. Por exemplo, na relación de Convenios que acaba de publicar a Consellería de Economía no DOG faltan todos os acordos cos medios de comunicación. Isto obrigou a Galicia Confidencial a conseguir os textos dos convenios por outras fontes ademais das citadas.

Nos vindeiros días este diario electrónico publicará que consellerías subvencionaron a que medios e os teóricos motivos destes polémicos acordos. Algúns  "obxectivos" tan urxentes en tempos de crise, como "facer da sociedade galega unha sociedade ben informada no ámbito da ciencia". As axudas dunha das consellerías, Mar, foron desveladas onte polo blog Feijoomente.

En todo caso, os convenios son só unha parte da torta de subvencións que se reparten os empresarios da comunicación.

Ademais das citadas axudas polo galego e as empresas xornalísticas convocadas anualmente no DOG, hai subvencións a investimentos (como a polémica axuda a La Voz de Galicia do IGAPE para renovar a súa rotativa), campañas de publicidade, compra masiva de exemplares e acordos máis pequenos, que non teñen que ser publicados.

Todo o Parlamento pediu condicionar axudas a emprego estábel

Unha verdadeira avalancha de cartos públicos sen control que viola a Proposición aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia, que pedía á Xunta condicionase esta axudas ao mantemento do emprego estable.

grafico convenios

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

7 ciencias.blogaliza.org

É interesante ver o novo reparto con respecto ó bipartito galiciaconfidencial.com/nova/2030.html (2007) 1 - Non variamos con respecto ó bipartito que era a dedo, a pesar das promesas de austeridade e transparencia. 2 - Sorprende a subida de Prensa Ibérica ó 2 posto (hai que pagar os favores da sanidade en Vigo) 3 - Que La Región pille nun único cacho, 220.000 euros 4 - Sorprendente é que Xornal non pille nada (nin Vieiros ou ANT, aínda que era de agardar), aínda que non o podemos comparar cos do 2007 xa que daquelas non tiñan edición papel. 5 - Que o ABC pille case o dobre de El País, un diario (ABC) cunha cantidade de lectores en Galicia relativamente irrelevante. Nótase que hai que pagar os xornais gratuitos de ABC que chegan as facultades da UVIGO por exemplo. 6 - O de LVG en principio non debería de sorprender, aínda que agardaba moito máis. O tema da caña que lle meteron na edición local de Vigo co tema da sanidade custoulle cartos.

6 Carlitos

Yo insisto en conocer a Walter Burns, patriota gallego, y saber de que pié cojea.

5 Outro

Para isto non hai austeridade, mentres milleiros de galegos están non paro, estes mangantes pepeiros mercan as novas á carta nos medios de comunicación.

4 Decidido

O mal que o esta a facer a Xunta actual é un escandalo, todo corrupción e saqueo das arcas públicas, isto non pasa nin nas piores dictaduras. Difundamos esta nova entre os coñecidos, para que a xente se entere da corrupción e censura pagada da Xunta.

3 carlitos

Eso, eso, estoy de acuerdo con lo que dice censor. ¿Cuanto cobra Galicia Confidencial por estas informaciones? ¿O es que tienen mucho tiempo libro desde que no gobiernan los suyos? Estoy convencido que Walter Burns es en realidad Xosé Mexuto, patriota gallego.