Os hoteis galegos rexistraron a ocupación media máis baixa de España en marzo

Os hoteis galegos rexistraron durante o mes de marzo unha ocupación media do 24,9% das súas prazas e do 31,29% das súas habitacións, o que supón a taxa máis baixa de todas as comunidades autónomas, segundo os datos que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2017 | Actualizada ás 11:16 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Os hoteis galegos rexistraron durante o mes de marzo unha ocupación media do 24,9% das súas prazas e do 31,29% das súas habitacións, o que supón a taxa máis baixa de todas as comunidades autónomas, segundo os datos que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Hotel Rua Villar, Santiago.
Hotel Rua Villar, Santiago. | Fonte: Europa Press

En concreto, un total de 221.031 viaxeiros fixeron uso das instalacións hoteleiras da Comunidade durante o terceiro mes do ano, un 15,7% menos que hai un ano. A cifra, no entanto, está influenciada pola Semana Santa, que o pasado ano afectou os datos de marzo, mentres que en 2017 celebrouse en abril.

Do total de viaxeiros aloxados, a maior parte --181.697-- eran españois, mentres que 39.334 eran estranxeiros. Por provincias, 110.117 aloxáronse en establecementos da Coruña, 63.053 de Pontevedra, 26.066 de Lugo e 21.794 da provincia de Ourense.

En canto ás pernoctacións dos hoteis galegos, pasaron de 493.117 en marzo de 2016 ás 408.809 realizadas este ano, un 17% menos. A estancia media pasou de 1,88 días en marzo de 2016 a 1,85 días no terceiro mes deste ano.

RENDIBILIDADE

Os prezos hoteleiros rexistraron en Galicia unha diminución do 2% en marzo con respecto ao ano anterior. A nivel nacional, o índice de prezos hoteleiros creceu un 3,2%.

En canto á rendibilidade, a facturación por habitación ocupada foi de 50,2 euros de media --un 4,1% menos--, mentres que a facturación por habitación dispoñible foi de 15,5 euros --un 3,5% menos--.

DATOS NACIONAIS

Os hoteis españois rexistraron 20,3 millóns de pernoctacións o pasado mes de marzo, o que supón un 7,4% menos que no mesmo mes de 2016. Durante o tres primeiros meses do ano, as pernoctacións en establecementos hoteleiros reducíronse un 2,8% respecto ao mesmo período do ano anterior.

A diminución interanual de marzo débese ao descenso nun 16,6% das pernoctacións realizadas por residentes en España e tamén ao retroceso, aínda que moito menor, das pernoctacións do non residentes (-0,5%).

Segundo Estatística, a estancia media situouse no terceiro mes do ano en tres noites por viaxeiro, cifra un 3,1% inferior á de marzo de 2016.

En marzo cubríronse o 51,8% das prazas ofertadas, cun descenso anual do 3,8%. O grao de ocupación por prazas en fin de semana reduciuse un 3,1% e situouse no 59,3%.

A taxa anual do Índice de Prezos Hoteleiros (IPH) situouse no 3,2% en marzo, medio punto menos que a do mes pasado e 1,3 puntos por baixo á rexistrada hai un ano.

A facturación media por habitación ocupada (ADR) foi de 78,3 euros, un 4,3% máis en comparación con marzo de 2016, e o ingreso por habitación dispoñible (RevPar), condicionado á ocupación rexistrada, alcanzou os 47,6 euros, cun incremento interanual do 6,1%.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta