Temas: MúSICA

Salif Keita tocará en Galicia o próximo mes

O músico albino, unha das estrelas máis importantes de África, presentará a súa peculiar mestura de sons tradicionais con ritmos contemporáneos occidentais o 6 de maio.

Por GC Tendencias | Ferrol | 24/04/2017 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

Considerado dende hai moito tempo embaixador da música de Malí, Salif Keita é recoñecido como un dos grandes cantantes do seu continente, o que o fixo merecedor do calificativo de “A gran voz africana”. O artista dará o seu único concertó en Galicia no Teatro Jofre de Ferrol grazas ao ciclo Son(s) de Ferrol o 6 de mayo. As entradas xa se poden adquirir a través da web ataquilla.com dende só 20 euros. A actuación comezará sobre as 21 horas.

Salif Keïta
Salif Keïta | Fonte: ProtoplasmaKid

A estrela africana da world music é descendente directo do rey Sundiata Keita (fundador no século XIII do imperio de Malí) sufriu dende neno a marxinación, incluso da súa propia familia, que sufren os albinos en África. Sumado ao rexeitamento do seu pai a que se dedicara á música, Salif Keita decidiu emigrar a Europa.

Salif Keita é un artista inquedo, convertido nunha sorte de ponte entre os sons tradicionais africanos e os ritmos contemporáneos occidentales, que ten explorado múltiples estilos como o afro-pop, o funk ou incluso afro-jazz-rock e ten colaborado con outros artistas da categoría e trascendencia de Joe Zawinul, Carlos Santana, Bobby McFerrin ou Cesaria Evora.

Nado en 1949 nunha aldea próxima a Bamako (capital do seu país), a súa infancia e mocidade non foi doada pola súa condición de albino, trastorno xenético que é considerado signo de mala sorte en algúns países de África e que incluso supón un risco vital para estes nenos en certas rexións. Sen dúbida estas circunstancias impulsaron a Salif Keita a crear en 2005 a fundación que leva o seu nome e cuxos obxectivos son a sensibilización sobre as dificultades e riscos que sofren os albinos en África e a recadación de fondos para a súa integración social, coidados médicos e educación.

O seu entorno familiar tampouco aprobou que quixera dedicarse á música, polo que en 1984, Salif Keita decidiu emigrar a París, o que daría comezo a unha exitosa carreira en Europa e EE.UU. Unha longa traxectoria que deu como froito case vinte discos entre os que cómpre salientar “La difference” que foi galardoado como mellor disco de World Music nos prestixiosos premios Victoires de la Musique; ou “Talé” (2012), un traballo no que contou coa colaboración de Phillippe Cohen-Solal e no que da vida á tradición mandinga. Salif Keita ten asegurado que será o seu último disco, argumentando razóns como o pirateo ou a falla de rendibilidade das gravacións.

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta