Temas: EUCALIPTO

A loita social contra o eucalipto comeza a chegar aos consistorios municipais

Catro colectivos de Vilagarcía presentan unha moción no concello contra a eucaliptización e piden a defensa da biodiversidade.

Por Galicia Confidencial | Vilagarcía | 26/04/2017 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Varios colectivos do Concello de Vilagarcía promoveron unha moción esixindo un pronunciamento das corporacións locais “pola diversidade frente a eucaliptización”. Esta moción será debatida no pleno deste concello o vindeiro xoves.

Plantación simbólica de eucaliptosno Obradoiro para protestar contra a invasión desta especie en Galicia
Plantación simbólica de eucaliptosno Obradoiro para protestar contra a invasión desta especie en Galicia | Fonte: Galicia Confidencial.

Colectivo pola defensa do territorio ANOVATERRA, Colectivo pola defensa do Patrimonio A FORNEIRIÑA,  ASOCIACION IRMANDADE ILLA DE TAMBO e ASOCIACION UMIA VIVO son as catro entidades que asinan esta proposta na que denuncian a “errada política da Xunta de Galicia en materia de xestión do territorio”.

Por iso, defenden a necesidade da facer “unha ordenación  participativa da politica forestal  na que prime a potenciación da biodiversidade do monte  coa posta en valor  dos seus recursos  produtivos e  valores  medioambientais e culturais”. Entenden que isto axudaría a fixación de poboación no rural e á redución do risco de incendios.

“Lembramos  que a  plantación abusiva do eucalipto afecta  tamén a  recuperación dos acuíferos e a calidade da auga procedente dos montes da que se abastecen moitas vivendas do rural como única fonte de auga potable dispoñible”, indican. Ademais, lembran que esta esepcie afecta severamente ao patrimonio arqueolóxico, en especial os petróglifos, por estar, din, “sometidos a unha ameaza permanente da sua integridade polos lumes e os traballos forestais”.

Temas: EUCALIPTO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta