SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2017 | Actualizada ás 15:11 por EUROPA PRESS
A Cidade da Cultura será este ano a meta da carreira 'Camiño das Letras', iniciativa de Xurdir e a Consellería de Cultura e Educación que une a práctica deportiva, a literatura e a lingua galega á ruta Xacobea para celebrar o 17 de maio.
Trátase do IV edición desta carreira, que se celebrará o domingo 14 de maio, saíndo do Pico Sacro en Boqueixón e que percorrerá a Ruta da Prata ata os exteriores do complexo do Gaiás. Ademais haberá un circuíto para categorías menores nestas instalacións.
Os participantes que logren finalizar a proba recibirán como regalo un libro e un diploma acreditativo, e haberá diversos premios para os vencedores. O tres primeiros clasificados conseguirán un trofeo e un lote de libros, ademais de galardóns para outras categorías.
As inscricións permanecerán abertas ata o próximo 10 de maio, a través da páxina web 'www.emesports.es', e a propia web 'lingua.gal' ofrecerá diversos materiais sobre a proba, como un cartel, un vídeo do físico Jorge Mira animando a participar e un audiovisual de presentación con experiencias de anteriores edicións.
Este ano, a cita enmárcase na a programación especial de conmemoración da figura de Carlos Casares, destacado narrador e intelectual homenaxeado no Día das Letras Galegas por parte da Real Academia Galega.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.