A CIG, "satisfeita" pola recuperación das liñas de produción de Adolfo Domínguez

Agarda que tamén recupere a producción na sección de planchado, que tiña 80 traballadoras.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 02/05/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A CIG, a través do seu Secretario Comarcal en Ourense, amosou a súa "satisfación" ante a decisión de Adolfo Dominguez de recuperar para os centros de traballo de Ourense a producción nas liñas U e o departamento de comercio electrónico que trasladara a Madrid.

"A decisión supón un relanzamento da fabrica aquí, para crear emprego", apunta este sindicato que critica a mala xestión da Dirección da empresa e que motivou a aprobación dun "inxusto e inxustificado" expedente de regulación de emprego que deixou na rúa a 105 traballadoras. "Entón non existía plan de viabilidade de cara ao futuro e non había garantía de permanencia desta empresa en Ourense", lembra.

A CIG agarda, agora, que dentro desta nova política da empresa de potenciar os centros de Ourense se recupere, tamén, a producción na sección de planchado, que tiña 80 traballadoras, e cuxo desmantelamento nunca xustificou a empresa.

Tenda De Adolfo Domínguez En China
Tenda De Adolfo Domínguez En China

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 eusi

sección de 'planchado'? pranchados quedamos os lectores ao ler tamaña barrabasada...