O concelleiro do PP Miguel Lorenzo reprocha ao PSdeG que sosteña "o desgoberno" na Coruña

O tamén deputado no Congreso ve unha "política de xestos" a moción de censura anunciada por Podemos

A CORUÑA | 02/05/2017 | Actualizada ás 20:08 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O concelleiro do PP no Concello da Coruña e deputado no Congreso Miguel Lorenzo pediu ao grupo municipal socialista que faga "un exercicio de responsabilidade" tras criticar que estea a soster "o desgoberno" na cidade herculina.

Nunha entrevista á Radio Galega, recollida por Europa Press, e preguntada sobre unha posible moción de censura ao alcalde, Xulio Ferreiro, cuestionou a actuación dos socialistas despois de que, tras a cuestión de confianza,non chegase a materializarse a mesma.

"Critican ao alcalde nos plenos, pero sosteñen o goberno", sentenciou Lorenzo. Mentres, sobre a presidenta local do PP coruñés, Beatriz Mato, sinalou que é a persoa "adecuada" para ser a candidata á Alcaldía da cidade herculina, aínda que admitiu que non está "decidido".

MOCIÓN DE CENSURA E CORRUPCIÓN

Entre outra orde de cousas, e preguntado pola moción de censura a Mariano Rajoy anunciada por Podemos e as confluencias, dixo que se trata dunha "política de xestos". "É a protesta continua sen achegar solucións", sinalou Lorenzo, quen apelou aos votos obtidos polo PP nas últimas eleccións.

Mentres, sobre os casos de corrupción que afectan ao PP, como a operación 'Lezo', admitiu que fan "un dano tremendo ao partido e ao sistema democrático". Con todo, dixo que "o importante" é que estes casos "se coñezan". "A corrupción é algo que vai ligado ao poder, pero o máis importante é perseguila", apostilou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta