O PPdeG tirará de conselleiros e ex conselleiros para tentar recuperar as deputacións e as cidades

Ex conselleiros como Agustín Hernández, Jesús Vázquez e Elena Muñoz e conselleiros actuais como Beatriz Mato ou José Manuel Rey Varela soan como candidatos para as municipais.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/05/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O PPdeG hai tempo que xa ten os ollos postos nas vindeiras municipais. Ninguén fala abertamente desa estratexia, pero a Executiva popular xa traballa cos ollos postos en tentar recuperar o maior número posible de grandes cidades e volver a gobernar nas catro deputacións. E, para conseguilo, non escatimará botar man de ex conselleiros ou conselleiros actuais que son grandes activos dentro do partido.

Pedro Arias, Beatriz Mato, Diego Calvo e Carlos Negreira logo do triunfo do PP nas autonómicas
Pedro Arias, Beatriz Mato, Diego Calvo e Carlos Negreira logo do triunfo do PP nas autonómicas

Os obxectivos do PPdeG son tentar recuperar o poder en cinco das sete cidades, principalmente, en Santiago, A Coruña e Ferrol, as tres grandes cidades nas que gobernan as mareas. Están convencidos de que o desgaste interno desta formación fará posible que poidan acadar esta finalidade. Tamén cren poder gobernar en Lugo e manter Ourense. 

Aínda que nin o voceiro do PPdeG, Miguel Tellado, nin as voces 'oficiais' do PPdeG queren aínda falar de nomes, as quinielas das urbes xa están sobre a mesa. No partido crese que o actual alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, tentará revalidar a praza, e que Agustín Hernández e Elena Muñoz, asentados como portavoces da oposición en Santiago e Vigo, respectivamente, tamén volverán presentarse.

Tamén o nome da conselleira Beatriz Mato, que gañou o congreso local do PP da Coruña contra o exdeputado Javier Escribano, está enriba da mesa tras ser elixida para arrebatar o bastón de mando a Xulio Ferreiro, de Marea Atlántica. 

Rey Varela e José Ramón Carballo

Outro conselleiro que segue no punto de mira para un posible regreso á area do ámbito local é o de Política Social, José Manuel Rey Varela, quen xa foi elixido alcalde de Ferrol durante un mandato; mentres que en Lugo (cuxo congreso será convocado de forma inminente) apúntase como próximo presidente local ao subdelegado do Goberno, José Ramón Carballo, que tamén asoma tamén como candidato.

Feijóo e Agustín Hernández
Feijóo e Agustín Hernández | Fonte: Conchi Paz

En Pontevedra dáse por feito que Jacobo Moreira non repetirá como candidato e especúlase co nome da deputada Lupe Murillo, pero non hai nada pechado. A última palabra teraa o presidente provincial do PP e vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Cambios na Xunta

A saída de conselleiros para pugnar por alcaldías obrigaría a Núñez Feijóo a acometer unha remodelación do seu Goberno, se non opta por facelo antes. Con todo, polo momento non quere oír falar desta cuestión. De feito, recentemente defendeu a compatibilidade de que Mato fora conselleira e presidenta local, e asegurou que aínda non toca falar de cambios no Executivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

5 Bufffito

Ya sabéis, según los clones de la Marea de abajo, gana el PP y los de la Marea no son maliños hasta lo caricaturesco. Bah

4 castro

Que pongan al sheriff de el Banco de Tierras, no deja a nadie en pie.

3 urco

Qual pode ser a motivaçom dum partido que leva mais de 35 anos no poder , cum resultado de desindustrializaçom, desertizaçom do rural, caciquismo estrutural, destruçom de emprego, desgaleguizaçom rampante..?

2 El Marqués

Rey Varela leva varios meses de campaña electoral en Ferrol cada fin de semana

1 Buffito

Feijoo se equivoca. Al menos en La Coruña no queremos que el Ayuntamiento sea una delegación provincial de la Xunta, que funcione como una marioneta de Feijoo. En realidad yo me pregunto si Feijoo quiere recuperar de verdad las ciudades o en realidad pretende asustar a la Galicia rural con lo que (no) hacen en las ciudades. Sospecho que su objetivo es conservar el voto rural porque colocó a una exconselleira en Vigo y perdió, a otro en Santiago y lo mismo; y ahora en La Coruña pretende blanquear la imagen de una conselleira de servicios sociales, de memoria indeleble para sus trabajadores por los brutales recortes que hizo, por su dogmatismo, etc. Está claro que en La Coruña pese a que los actuales no pueden ser más maliños, el PP quiere perder.

1 Alvarez o bufón

Miguelito, a ver ho, andar de troll inda tal. Pero non é necesario que sexas tan pedante, porqué como dixo o grande poeta nipón do seculo XVI Sichuto Tefuro cando unha pomba lle cagoú na cabeza saindo da biblioteca: 豪華な出演陣が話題となった。 ヴェネチア国際映画祭に正式招待された。 e canta razón tiña!!!

2 Arturo

Non é , só, ser pedante, e facer especulacións tontas e sen base. E ignorar que hoxe Galicia xa non é un país básicamente rural. A mayoría da poboación está nas ciudades, nas vilas medias, e nos concellos limítrofes as ciudades. Vigo ten mais poboación que toda a provincia de Lugo ! E hai xente que ainda non sabe eso , e segue co rollo do século XIX !