Temas: EN MAREA

Por que xorde outro movemento dentro de En Marea?

O 'Proceso 1 Maio' busca crear un espazo xuvenil autónomo dentro da formación de Villares para "acumular forzas" de cara ao próximo plenario de En Marea.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/05/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Estes días dábase a coñecer o nacemento do 'Proceso 1 de Maio', un novo grupo interno que se crea en En Marea e que está integrado por mozos de distintos movementos estudantís e políticos que queren crear un movemento xuvenil autónomo no seo do partido instrumental.

Asistentes ao plenario de En Marea en Vigo
Asistentes ao plenario de En Marea en Vigo

Entre os seus integrantes hai mozos de toda Galicia, como dirixentes do movemento estudantil Anega; integrantes da Anova; membros do Consello Cidadán Autonómico de Podemos ou da corrente anticapitalista; cadros xuvenís da FPG; así como membros "activos" das mareas municipais da Coruña, Vigo, Carballiño ou Noia

A súa estratexia, segundo eles mesmos deron a coñecer, inclúe crear estruturas que estean "á marxe do control" da coordinadora que lidera Luís Villares e "visibilizar" no plenario de xullo que "o problema interno de en Marea" é a "confrontación de dous proxectos políticos distintos". O sue primeiro encontro terá lugar o vindeiro mércores, día 10 de maio, na Praza de Mazarelos de Santiago de Compostela.

Novo polo de presión?

Pero por que xorde agora este novo grupo dentro de En Marea?. Segundo as fontes consultadas do entorno da coordinadora, o 'Proceso 1 de Maio' nace para crear outro novo polo de presión dentro da formación e estaría impulsado, principalmente, por sectores da FPG, dun grupo crítico de Podemos e de certas mareas, nomeadamente, a da Coruña.  É dicir, polos grupos descontentos coa nova coordinadora que dirixe Luís Villares e que apoia, entre outros, o histórico dirixente nacionalista Xosé Manoel Beiras.

O coordinador de Anova e deputado de En Marea, Antón Sánchez
O coordinador de Anova e deputado de En Marea, Antón Sánchez

Algúns dos seus integrantes son os que protagonizaron momentos de tensión na última asemblea de Anova, na que houbo empurróns e mesmo patadas entre distintos militantes da formación nacionalista. “É outro xeito máis de tentar desestabilizar a xa de por si precaria situación na que está En Marea”, indican fontes da coordinadora.

Con todo, non o ven así desde o sector crítico que apuntan que é lóxico que os “máis mozos” se queiran organizar e que sexan críticos coa actual dirección porque o seu voceiro “non cumpriu as promesas que pactara”. “Aquí non hai dirixismo de ningún tipo, son os mozos os que queren facer política de seu ao non estar de acordo coa nova coordinadora”, apuntan.

Antón Sánchez desvincúlase

Este mesmo venres, Antón Sánchez, líder de Anova, consideraba "positivo" que os mozos se incorporen á política "desde a esquerda" en Galicia pero desvinculábase da súa creación ao asegurar que “os obxectivos débeos defender a propia organización". Ademais, incidía en que a xente de Anova que participa no 'Proceso 1 Maio' "faino de forma individual".

Temas: EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

16 Próculo

Antón que xa lidiou coas hostias deses na asemblea de Anova ...protéxenos!

15 Efixio

Si trabalharan xa verías como non filosofaban tanto. É do se sempre. Este é un país de eternos adolescentes. Que lhe imos facer! Como vas madurar nun país onde te relacionas dende a infancia con atrasados mentais da túa parentela e das outras. Tí tampouco podes, con esas biografía, aspirar a madurar. Serás sempre un eterno adolescente de 15, 30, 40, 50, 60, 70 ou 80 anos. A idade non importa. A adolescencia non ten idade no noso país.

1 Efixio

Que si os vascos son "non sei qué" que si os outros son non sei canto. Eles, cos seus defectos ou virtudes, son xente madura. Aquí somos unha panda de adolescentes provincianos e aldeanos. Que non é bonito o que digo? Píntao da cor que máis che guste.

14 E veña viño Chovi

Porque eran poucos e pariulles a vaca

13 Benito sé fuerte

A culpa é da FPG.

12 Nexus 6

Porque los naziocomunistasindepes te son tan listos y narcisos, tan inteligentes y pedantes, tan kultos y pretenciosos que en esa mezcolanza de facciones cada hombre no es un voto, sino que cada hombre es un movimiento en sí mismo. No se preocupen, pronto surgirá otro movimiento contrario a este último y al cabo de unos meses, otro contramovimiento del anterior y así hasta la escisión. ¿Les suena de algo? Pero eso sí, seguirán siendo los más listos, los más galegos, los únicos representantes do pobo asoballado, los de la mayoría social con la minoría de votos y bla, bla, bla.