Villares replica a Ferreiro que traslade as súas críticas aos órganos de En Marea

Logo de ser cuestionado unha vez máis, o portavoz de En Marea contesta ao alcalde da Coruña que "construír da nada non sempre é fácil".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/05/2017 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, sinalou este luns ao alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, que "construír da nada non sempre é fácil", á vez que lle recomendou dirixir as súas críticas aos órganos internos da formación rupturista. Así o dixo ao ser preguntado en rolda de prensa sobre as críticas lanzadas por Ferreiro sobre que "algo non se está facendo ben" dentro de En Marea.

Luís Villares
Luís Villares | Fonte: Europa Press

En opinión do alcalde coruñés, a dirección que capitanea Villares está a abandonar "o espírito da confluencia" para apostar por "unha liña máis tradicional" na súa configuración como partido. Respecto diso, Villares concordou en que "hai que mellorar moitas cousas", pero puxo o foco en que "hai tres meses" nin sequera existía a formación como tal. "E agora xa ten unha dirección para debater de política e de cuestións orgánicas", salientou.

É por iso que aínda que dixo "compartir a inquietude" do rexedor da cidade herculina, incidiu en que aínda se están dando "os primeiros pasos". "Construír da nada non sempre é fácil, e nese esforzo colectivo temos que estar todos implicados", remachou o maxistrado en excedencia.

CRÍTICAS INTERNAS

Tamén respondeu ás alusións de Ferreiro sobre a falta de frescura para asegurar, en ton irónico, que os órganos internos de En Marea procuran que esta "alague" todos os seus debates. E eses foros, proseguiu, serven para debater os asuntos internos.

Neste escenario, cuestionado acerca de se pedirá ao alcalde que cese nas súas críticas públicas, Luís Villares expuxo que "é importante que os comentarios se fagan onde son eficaces".

Finalmente, sobre o movemento xuvenil autónomo creado no seo de En Marea, formado por persoas críticas coa actual coordinadora, o seu portavoz considerou "moi positivo" que a mocidade "se organice" para traballar politicamente de forma "eficaz".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

5 RAMIRO DE YOLI

Ferreiro fai o que lle mandan Toné e Yoli Procesiones

4 Gamela

Da NADA é de onde saiu Villares! Da nada recomendable caste dos xuíces e maxistrados ao servizo do Estado de Dereito (torto que convirte calquera dereito en obrigación previa!) 1. Non foi el quen o primeiro que dixo logo das eleccións era quen lle ía COMPENSAR económicamente o decrecemento na súa nómina? 2. Non foi el quen pediu un coche con conductor ao seu dispor ao día seguinte de tomar posesión no Parlamento de Galicia? // Entón que non veña dicindo que saímos DA NADA! Pois a Marea Atlántica levaba xa tempo traballando para lograr a alcaldía da Coruña... cando Villares aínda viviía tranquilo no TSXG ??? A ver se nos deixamos de tanto cinismo e comezamos a traballar dunha vez? Esto da Marea estase viciando demasiado !!! e comeza a cheirar a PODRE !!!

1 Gamela

Villares dalle entrada a CERNA e deixa fóra ás Mareas Municipalistas? Comprendo que é moito mellor lidiar con dúas persoas afeitas a "intrigar" en canta organización estiveron ao longo das súas vidas... que revirarse e mirarse no espello da Marea de Vigo (por poñer un exemplo de cidade cativa e sen interese electoral algún, seica!) https://goo.gl/HGKwIF Ao mellor é que Villares ten algo que ver con esta INOPERANCIA que padecemos aquí no sur da Galicia? (ANOVA / EU) ??? Outros fan outra análise máis de fondo: nova política atrapada en vellas prácticas http://ctxt.es/es/20170503/Firmas/1...

3 4000 euros máis chofer

Dous pequenos políticos postos a dedo. O pequeno posto antes di que manda sobre o que el puxo despois. Que desempate o alcalde de Vimianzo cando remate a Feira de Abril.

2 Mareante

Pero que carallo lle pasa a Xulio Ferreiro?

1 Kollontai luguesa, a loba

Pero ti aínda non te enteraches que a Marea sen Beiras xa non importa e que agora son moitos os que queren ser Podemos xa claramente. En que mundo vives? Ai, si, no dos cándidos votantes de Marea. https://www.youtube.com/watch?v=YM9... Ademais nos medios da capetal son máis glamourosos os podemitas que os mareantes.

2 Nelibata-Kollontai Luguesa

Pero isto seguro que cho pode explicar o caro Balbino, comentarista de luxo nisto (ou sexa nesta web), martelo de herexes e coñecedor da VERDADE.

3 Nefelibata-Kollontai luguesa

A ver meniño esta é unha operación que vén de lonxe e ten que ver coa recomposición das dúas polas do partido do poder centrista-centralista-centrado. E un proceso de "cambiar para que nada cambie" que se está a dar en toda Europa e que persegue continuar co neoliberalismo vento en popa e a toda marcha mentres nos ofrecen espectáculos políticos nos medios. No caso de Galicia pasaba por desfacer o nacionalismo galego que era o máis feble para ter o modelo que seguir despois en Cataluña e Euskadi onde lles saiu ben pero sen poder acabar co nacionalismo polo momento. No resto de España tratábase de acabar con IU arrinconando ás persoas máis críticas. Aquí este señor explícacho ben case todos os días e desenmascara a realidade oculta https://twitter.com/ciudadfutura

4 Kollontai luguesa-Nefelibata

En Galicia mentres Beiras tiña certo poder non podían facelo abertamente. Agora xa si... Por isto sacan aos seus inquisidores, coma ese aprendiz de Strelnikov chamado Balbino o escuro a perseguir e ata tentar amedrentar aos esquerdistas, coma me sucedeu a min onte con este strelnikoviño. Eu non son do bloque, pero voteinos porque era a opción que me parecía máis a esquerda e máis galeguista. Por isto este señor tentou onte o que tentou... O que pasa é que non contaba con que nesta vida hai persoas valentes que non temen aos escuros coma el e que non temos obrigas con ninguén porque somos o que somos grazas ao noso esforzo e coraxe. Agora, Balbino, escuro Strelnikov contéstame e seguimos a dialogar.

5 Balbino Fernández

Estupenda Kollontai, parabéns por recoñecer que es a Nefelibata, que mudaras o nick despois de queimalo, o típico das raposas covardes. Como xa che dixen onte, e non me vou molestar para contestarche, non alimento troleiros e menos enredo con doentes (se precisas de polemistas baratos, prova co Nostrus). A túa explicación son as conpiracións, a túa covardía sabida, a túa partida destapada. Estou agardando polas ameazas, ti que es tan lista e "valente", vas de farol. Agora podes comezar a "dialogar", cando remates tira da cadea!

6 Kollontai luguesa

Segue, segue a desviar atencion e a insultarme. Os teus insultos revelan a tua carencia de argumentos e sobre o tema central que ti pretendes esquivar xa falaremos. Teño memoria de elefanta e nunca saberas cando me volveras a atopar. Lembra ti mesmo me chamaches a loba. Ben sei que ti non es dado aos dialogos senon aos soliloquios e a insultar e a descualificar a quen revela ou osa poñer luz sobre as vosas escuras tramas.

7 Kollontai luguesa

O cambio de nome foi unha ironía que ti, entendes perfectamente. Se non que che axude o comunista-dependentista a entendela. Segues desviando o tema e insultando. Nótase que non vos gusta que a luz se faga na escuridade. E nótase tamén quen é covarde e quen valente. Xa nos veremos, lembra que segundo ti son unha loba e teño memoria de elefante.

1 Ferriño

Villares ten máis pociencia que un santo Job!