SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2017 | Actualizada ás 17:27 por EUROPA PRESS
A Xunta promoverá un encontro coa maior asociación de produtores pesqueiros de Italia para "intercambiar experiencias" co sector pesqueiro galego no marco da feira Conxemar, que terá lugar o próximo mes de outubro.
A través dun comunicado, o Goberno autonómico especificou que así llo expuxo a directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, ao secretario xeral de Assoitica Italia, Giuseppe Palma, durante a feira Tutto Food de Milán.
Respecto diso, o alto cargo da Xunta sinalou que "é fundamental" para o noso sector "estreitar lazos" cos países europeos nos que existen "intereses comerciais", como é Italia.
Ademais, apuntou que o sector alimentario é o que encabeza as exportacións de Galicia ao país transalpino, "por diante de sectores como o do transporte e o téxtil".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.