Carmela Silva cre que os problemas do PSdeG teñen “nome e apelidos: Pilar Cancela e Pedro Sánchez”

A presidenta da Deputación de Pontevedra reitera o seu apoio ao proxecto de Susana Díaz e evita pronunciarse sobre se se presentará ás primarias en Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2017 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asegurou que, na súa opinión, os socialistas galegos cometeron un "erro gravísimo que ten nomes e apelidos: Pilar Cancela e Pedro Sánchez", quen "dinamitaron un proceso de unidade que ía permitir que o PSdeG fose ás eleccións (autonómicas) cun proxecto unido".

Carmela Silva.
Carmela Silva. | Fonte: Europa Press

"De aí esta situación que vivimos, pero cada un que asuma as súas responsabilidades", apostilou nunha entrevista en Cadena Ser este domingo na que Silva emprazou a "deixar para máis adiante" o "debate" sobre se se presentará ás primarias do PSdeG.

E é que, para a presidenta provincial, "crear máis incerteza é unha falta de responsabilidade". "Non vou entrar nese debate cando agora mesmo estamos nunhas primarias. De Galicia xa falaremos cando toque", remarcou, para logo reiterar o seu apoio a Susana Díaz na carreira á Secretaría Xeral do PSOE, da que está segura que a andaluza sairá vencedora e que o seu triunfo fornecería un efecto positivo en Galicia.

"Só se gaña Susana Díaz o PSdeG poderá construír un proxecto serio, rigoroso e con ideas. Non podo albiscar outro escenario que non sexa ese", declarou Silva, quen cre que o PSOE vive "durante os últimos anos" un clima de "enorme confrontación tentando enfrontar aos dirixentes que gañan eleccións coa militancia".

Así mesmo, criticou as ameazas dalgúns partidarios de Pedro Sánchez, como a deputada galega Rocío de Frutos, que indicaron que abandonarán o PSOE se gaña Susana Díaz. "Eu quedábame atónita escoitando iso, porque non se pode dicir que hai que darlle voz aos militantes, e se non fan o que eu digo ou o que eu penso, pois nos imos".

DEPUTACIÓN

Cando están a piques de cumprirse dous anos desde a súa chegada á Presidencia da Deputación, Carmela Silva cre que se produciu un "cambio radical" na institución, que rompeu "co caciquismo e o clientelismo" que, na súa opinión, rexían durante a etapa cos populares á fronte.

Así, culpou ao número dous da Xunta e presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, de orquestrar unha "estratexia" entre os alcaldes populares da provincia "para desprestixiar á Deputación de Pontevedra e a súa presidenta".

"Na rúa non o consegue, porque a xente ve que gobernamos dunha forma totalmente distinta. Eu estou orgullosísima deste goberno da Deputación" declarou, para logo logo sinalar que "non espera nada" do Goberno da Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 urco

Deveria a carmela lembrar que na Galiza o Pedro acadou mais avais que a sua candidata e, em consequencia, ela e o Abel serem algo auto-criticos. Tanta prepotencia que gastam ja cheira.

1 Joâo Verde

.Eu nunca votei socialista, pero iso non pode ser argumento para non aceptar que entre Carela silva e Louzán hai diferencias sustanciais.Louzán reservábase unha millonada para "uso propio" que logo repartia ao seu xeito pola provincia adiante,. Os que tivemos responsablilidades en entidades culturais ou deportivas sabemos como era o reparto. Se eras do PP ou susceptible de selo tiñas sorte; caso contrario ou mínimo legal. Hoxe iso non ocorre. Os propios alcaldes do PP confesan recibir máis de Deputacióbn, sendo do PP, que cando era o seu partido quen gobernaba. Logo podem os discutir os plans de goberno e como se estudian os temas onde invertir, pero o cambio foi sustancial. Aí temos os proxectos arredor do rio Miño (galego-portugués) cunha proxección dun futuro moi prometedor. Hai que distinguir a cor politica das politicas razoables cando se fan. Carmela Silva imprimiu outra maneira de facer politica na Deputación. Ao meu criterio con moito tino e sentidiño.

1 Joâo Verde

En canto aos temas do partido xa é outra cousa. Ela fala por boca de Abel Caballero que, como din os que o coñecen ben, só quere gobernar, mandar. Ese é o seu obxectivo político. ata agora foille en, en Vigo, claro,. fora de aí as cousas xa teñen outra cor. Abel Caballero tan dadom ás xc cccausoulles moito

2 Xurxo

Xusto o que din algúns gobernos socialistas da provincia de Pontevedra. Recibían máis cando estaba Louzán e o PP que desde cando está esta señora. E iso máis ben semella que é cuestión de non alienamento co emperador.