Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/05/2017 | Actualizada ás 21:50
Segundo datos da web oficial do PSOE, o 50% da militancia votou por Pedro Sánchez, fronte ao 40% por Susana Díaz e pouco máis dun 10% por Patxi López.
En Galicia a vitoria do ex-secretario xeral é máis amplia, 66% fronte a 27% e 7%. En poucas autonomías houbo máis apoio para Sánchez que en Galicia. Así, co 100% escrutado Pedro Sánchez acadou 5.442 votos, fronte aos 2.235 de Susana Díaz e os 601 de Patxi López.
En Galicia a súa vitoria foi xenarilazada. Gañou en todas as provincias e con porcentaxes de voto superiores ao 60%, unha media superior a acadada no conxunto do Estado, onde acadou un 50% de voto, fronte a case un 40% de Susana Díaz e un 10% a Patxi López.Tamén en Galicia a segunda opción elixida polos militantes foi Susana Díaz, mentres que o terceiro, a moita distancia, foi Patxi Vázquez.
O ex-secretario xeral gañou incluso en Vigo, onde Abel Caballero, alcalde, fixo campaña a prol da presidenta andaluza. Malia isto, Sánchez tivo uns 60 votos máis que Díaz, 313 fronte a 244.
En Lugo, Sánchez gañaría cuns 225 votos fronte aos pouco máis de 100 da súa rival. Tamén en Ourense fíxose con 277 votos, fronte aos 211 de Susana Díaz. En Pontevedra, o ex-líder tamén gañou con claridade (uns 70 sufraxios da vantaxe) e igualmente ne Vilagarcía (tamén cuns 70 votos de diferencia).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.