Sentir de preto como se vivía nun castelo galego

O espectacular Castelo de Soutomaior, o espazo público no que o PP organizaba os seus mitins de comezo de curso, ten en marcha un programa de visitas teatralizadas.

Por GC Tendencias | Soutomaior | 22/05/2017 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

Estas visitas teatralizadas duran uns 45 minutos. Disfrazados de época, figurantes mostran en clave humorística algúns momentos da historia do castelo e do país. 

Visita teatralizada ao Castelo de Soutomaior
Visita teatralizada ao Castelo de Soutomaior

Trátase dunha iniciativa da Deputación de Pontevedra, propietaria do inmóbel. As entradas xa se poden mercar en Ataquilla.com, dende só un euro, tarifa reducida. Os nenos poden participar gratis.

Hai visitas programadas para case todos os luns e os xoves de aquí a finais de setembro. As sesións acostuman ser a media tarde, as 5 ou as 6. Os grupos son de como máximo unhas 30 persoas. 

A fortaleza está situado nun lugar  único, cunha enorme vista. Domina o val do río Verdugo e a enseada de San Simón, en Arcade.

O obxectivo poñen en valor o patrimonio material e inmaterial do castelo e os seus xardíns por medio do teatro, a danza, a música, a narración oral, a creación audiovisual e a gastronomía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta