Temas: INCENDIOS

Arden máis de 40 hectáreas en Ourense e Pontevedra

Continuan activos dous lumes forestais en Melón e Dozón. O segundo deles aínda non foi controlado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2017 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informou dun incendio forestal que se atopa activo no concello ourensán de Melón. O lume, iniciado na parroquia de Quins, calcinou xa máis de 20 hectáreas e os efectivos traballan na súa estabilización.

Lume forestal en Dozón
Lume forestal en Dozón | Fonte: Antonio Rodríguez Emerxencias Galicia

Por outra banda, o departamento do Goberno galego deu por controlado o incendio iniciado ao mediodía deste luns, en tres focos simultáneos, no concello pontevedrés de Dozón.

A falta de últimas estimacións, o lume, iniciado na parroquia de Bidueiros, calcinou máis de 20 hectáreas. Quedou estabilizado sobre as 19,20 horas e controlado ás 21,55 horas.

Temas: INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Arturo

Perdón por repetir sempre o mesmo, pero os lumes son prácticamente sempre intencionados. Non son " consecuencia" de non sei qué política forestal ( coma di sempre o BNG), de que haxa especies pirrófitas ( que non arden soas ) ou de ningún modelo( que eiquí simplemente non existe) Mentres non se controle aos incendiarios, seguirá habendo incendios. O monte non arde só.