O BNG lanza o segundo vídeo da serie creada para publicitar a renovación do seu logo despois de 35 anos

O BNG acaba de lanzar o segundo vídeo dunha serie creada para publicitar a renovación da súa imaxe corporativa despois 35 anos.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2017 | Actualizada ás 20:37 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O BNG acaba de lanzar o segundo vídeo dunha serie creada para publicitar a renovación da súa imaxe corporativa despois 35 anos.

Neste episodio, que se pode consultar na ligazón 'https://www.youtube.com/watch?v=YCzxAGOj5AE', un militante histórico e a súa neta dialogan sobre o cambio de logo, que se dará a coñecer en próximos días.

"Levo trinta e pico anos vendo o mesmo e, á verdade, xa pensaba que ía ser para ser para sempre", sinala o avó protagonista do vídeo, que lle di á súa neta que "co tempo novo, e coa xente nova", ata os máis veteranos entenden "que hai que ir do trinque", mentres a nova ensínalle o novo logo e apela á súa condición de "histórico", e "non vello".

Nun comunicado, o BNG indica que a formación "será reconocible" no novo logotipo mentres transmite "unha imaxe dun Bloque moderno, cunha estética máis actual, aberto e próximo".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta