Carlos Casares baixo o prisma de Paco Rodríguez

O ex-deputado Francisco Rodríguez, se cadra o maior referente ideolóxico vivo para a UPG e o BNG, publicou a súa visión de Carlos Casares. Lonxe dos moitos panexíricos publicados ao fío do recente Día das Letras Galegas, o ex-deputado pinta un perfil con bastantes críticas de quen fora deputado do PSdeG.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/05/2017 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

Ao escritor recoñécelle o mérito de ser un dos pioneiros en introducir a lingua galega no ensino medio, circunstancia pola que se gañou non poucos problemas co aparato franquista. Rodríguez, nun artigo en Terra e Tempo, cre que nas celebracións deste ano este dado foi obviado e censurado coa finalidade política de remover a polémica ao redor das linguas no ensino.

Carlos Casares
Carlos Casares

No seu perfil, o ex-líder da UPG vencella a Casares co fraguismo por ter aceptado daquela a presidencia do Consello de Cultura Galega. Tampouco lle perdoa que como articulista denunciara en varias ocasións a suposta radicalidade dos postulados ideolóxicos e lingüísticos do nacionalismo de esquerdas.

Sobre a súa traxectoria, Rodríguez escribe que “esta acomodación sería respectábel se non o conducise a compromisos políticos que o levaron, nalgunhas ocasións, a ser agresivo, ironicamente desprezativo e mesmo partícipe de decisións que non se acomodan cun espírito intelectual demócrata , simplemente galeguista e liberal, da liberdade da conciencia e do pensamento, respecto de marxinados, perseguidos ou represaliados por defenderen  e usaren o idioma do país, ou simplemente polas súas ideas”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta